Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de novembro de 2018

We´re Going on a Bear Hunt

O alumnado de 6º de primaria representou xunto con Beth, a auxiliar de conversa, o conto clásico We´re Going on a Bear Hunt de Michael Rosen con ilustracións de Helen Oxenbury




Encantounos!



E fixéronno  xenial!












We´re Going on a Bear Hunt by Slidely Slideshow

luns, 12 de novembro de 2018

Contos con pegada

Que ben o pasamos a pasada semana na biblioteca con Bea Campos e Manuel Pombal que viñeron a contarnos seis marabillosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos.


Contos para escoitar, para divertirse e para aprender a ser solidarios e solidarias...




Bebés nacidos en diferentes partes do mundo



O traballo colectivo, a convivencia e a natureza



O elefante que nos ensina a aceptar as diferenzas



 Sobre a importancia das cousas sinxelas

 

Unha reflexión divertida sobre a tolerancia e o racismo



 Para falar do altruismo, a xenerosidade e o valor das cousas






 

Contos con pegada 2018 by Slidely Slideshow




Moitas grazas Bea e Manuel
 por achegarnos de forma tan divertida 
contos para un mundo mellor! 

luns, 29 de outubro de 2018

Os tres porquiños

Que bonito foi recordar o conto clásico de Os tres porquiños con Xoel a súa mamá Cristal e o seu papá Samuel.



 Moitas grazas familia
 por compartir con nós a lectura deste conto
 e polos agasallos que nos trouxestes!!

xoves, 31 de maio de 2018

Contacontos co IES Carlos Casares

Como xa vén sendo costume, na biblioteca  celebramos as Letras Galegas co alumnado da ESO do IES Carlos Casares. Estes formidables contacontos achegáronnos a obra de María Victoria Moreno da mellor forma posible: con música, teatro, xogos, creatividade e ilusión. Este ano
 ademais, cunha produción propia A fada e o dragón.

O alumnado de infantil puido gozar coa representación de Un cachiño de bica, Mar adiante, O Cataventos e Xa non teño medo. Tamén representaron O pergamiño Vindel de produción propia.







Despois de contarnos Leonardo e os fontaneiros ofrecéronnos xogar con eles a catro xogos creados a partir do libro: A catro patas coma Lenardo, A cidade de Antón e Leonardo, Tres bos e tres malos.



Moitos parabéns as rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares e as profesoras Bea e Almudena que fixeron posible este gran traballo!



Letras Galegas 2018 by Slidely Slideshow

xoves, 24 de maio de 2018

Cocorico

Aroa e a súa nai Iria contáronnos Cocorico, un conto que nos encanta!  




Moitas grazas chicas, fixéstelo xenial! 


domingo, 29 de abril de 2018

Una historia de dos bestias

O alumnado de 4º de primaria nas sesións de mediación coñeceu Una historia de dos bestias de Fiona Roberton unha divertida e entrañable historia con dous puntos de vista diferentes.  



Decidimos contarlla aos demais nenos e nenas do cole no mes do libro. Despois do traballo sobre o libro e uns cantos ensaios...





Por parellas,  sairon ao patio, foron á biblioteca e as aulas para contarlles as nenas e nenos do cole esta historia que nos ensina que, as veces, temos que aceptar as opinións dos demais ainda que pensemos de forma diferente.










 Parabéns por este traballo tan estupendo!





Contactos: Una historia de dos bestias by Slidely Slideshow

luns, 26 de marzo de 2018

Garavaciño

Garavanciño é o conto que hai uns días nos contaron Lucía e a súa tía Noelia.


Moitas grazas chicas!


Contacontos Garavaciño by Slidely Slideshow

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Te quiero (casi siempre)

Hoxe Aroa Rodriguez e a súa mamá Vanesa estiveron na biblioteca para contarnos Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas.





 

martes, 9 de xaneiro de 2018

O COELLIÑO BRANCO

Lurdes, a mamá de Diana e Jose veu á biblioteca para contarnos O coelliño branco.



 Foi unha sesión estupenda como podedes ver neste vídeo. 




Moitas grazas Lourdes pola visita e por contarnos este conto tan estupendo!

luns, 13 de novembro de 2017

LOS SIETE CABRITILLOS

O pasado mércores o papá de Carla González estivo na biblioteca e contounos Los siete cabritillos.




Moitas grazas Jacobo pola visita e por compartir con nós a lectura dun conto clásico!

luns, 30 de outubro de 2017

IMPÓRTANOS

Continuando coa celebración do Día da Biblioteca estiveron na nosa biblioteca Bea Campos e Paulo que viñeron a  contarnos cinco fermosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos .

Foi unha xornada xenial, porque na biblioteca ademais de escoitar contos tamén podemos aprender a ser solidarios e solidarias e podemos divertirnos.





Os contos foron...

A arbóre da escola 



Wonder. Todos somos únicos



A galiña roxa



Sapo y el forastero



¿Dónde viviré?



E como non podía ser doutro xeito... rematamos a celebración bailando!






Contacontos con pegada 2017 by Slidely Slideshow

xoves, 26 de outubro de 2017

DOBLE ALBOROTO

Nuria, a mamá de Naia e Lía estivo na nosa biblioteca e contounos Doble alboroto con Minnie de protagonista.

 





Moitas grazas Nuria pola túa colaboración!

martes, 24 de outubro de 2017

RODRIBICO APRENDE A VOAR

Comezamos cos Contacontos en infantil. Sergio, o papá de Xián de 4º de Educación Infantil contounos Rodribico aprende a voar de Manuel Guisande e Xosé Tomás.





Moitas grazas Sergio!


xoves, 2 de febreiro de 2017

COCIÑANDO CONTOS PARA A PAZ


Nas actividades para o Día da Paz os axudantes de biblioteca foron uns contacontos excepcionais. 



Iria e Mar elixiron Cuando tengo miedo e Cuando soy amable. 





Mencía e Andrés decantáronse por Está bien ser diferente
¿Somos amigos? 






E Sergio, Juan e Elías escolleron Sin agua y sin pan e La gran fábrica de las palabras.







GRAZAS AXUDANTES

FIXESTES UN TRABALLO ESTUPENDO!!









mércores, 21 de decembro de 2016

The Gingerbread Man

Este curso na aula de inglés o Christmas Project xirou entorno ao tema do PDI. O alumado de educación infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria traballou o conto tradicional The Gingerbread man. Comezamos cun "storytelling", fixemos actividades de comprensión na pizarra interactiva, reconstruímos a historia con marionetas, aprendimos frases significativas, fixemos "Gingerbread man puppets", compuxemos unha versión curta da historia con viñetas, cantamos e bailamos cancións...E para rematar, os maiores de 3º e 4º representaron unha adaptación do conto para os compañeiros e compañeiras máis cativos. Aquí deixámosvos unha pequena mostra do seu traballo.






Se queredes coñecer este  conto clásico 






Tamén podedes volver a cantar as cancións...







 E por último, o vídeo da representación.



venres, 3 de xuño de 2016

1,2,3...Listen to me!

As nenas e nenos de 1º e 2º elaboraron un libro e foron á biblioteca a contarllo aos maiores...en inglés!!


1,2,3...Listen to me!









Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 24 de maio de 2016

CONTACONTOS CON CARLOS CASARES

O pasado xoves tivemos a visita duns contacontos excepcionais. Viñeron coas mochilas cargadas de contos, de creatividade, de teatro, de música e de moita ilusión.

Ah, e ata trouxeron a  bicicleta de Lolo! 



Contacontos IES Carlos Casares no CEIP Igrexa-Candeán by Slidely Slideshow


Moitos parabéns ao alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares e moitas grazas por achegar de maneira tan formidable  a obra de Carlos Casares á escola.


Parabéns tamén ao profesorado que fixo posible este traballo!!

mércores, 27 de abril de 2016

Conta con 3º

"Conta con 3º" foi a actividade de contacontos que realizaron as alumnas e alumnos deste curso para a celebración neste mes de abril do Día do libro. Fixeron un gran traballo en equipo de preparación previa, elaborando os materiais necesarios e ensaiando para contar os contos elexidos ao alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria.



mércores, 13 de abril de 2016

Abril: mes do libro


Xa estamos cos preparativos e ensaios da nosa semana grande.



Se picades nas imaxes poderedes ver unha mostra de como foi cada un dos días.

O luns teremos a visita de Miguel Ángel Alonso Díz e "O Valente coello que quixo soñar"





O martes e mércores o alumnado de terceiro levará a cabo unha actividade de contacontos "Conta con 3º EP" para as nenas e  nenos de Educación Infantil.



http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2016/04/conta-con-3.html 

 O xoves contaremos co tradicional apadrinamento lector.

http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2016/04/apadrinamento-lector.html 



O venres Isidro Alonso Marcial veciño do casco vello de Vigo e coñecedor da cultura marítima, virá a contarnos como foi a súa vida no mar. Ademais faremos con él un pequeno obradoiro.

vir





E o gran acto de clausura con algunha que outra sorpresa que non imos desvelar,





Tamén inauguramos o feirón "Lonxa literaria" ao que estades convidadas as familias.





domingo, 22 de marzo de 2015

O soño de Esther

Hai uns días visitounos Miguel Angel Alonso Diz poeta, escritor e contacontos que coa súa ilusión e entusiasmo contaxiounos a súa paixón polas letras. Presentounos O soño de Esther, un fermoso libro con ilustracións de Luz Beloso.




"A súa protagonista, Esther, atopa nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso. Grazas a elas consegue escapar dunha temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o quere destruír ao seu paso. Neste libro, as nenas e os nenos, achéganse ás vogais, aos números, aos puntos cardinais a través dunha fermosa e entretida historia."




Tamén nos presentou ao Cullarapo Croque, un libro cheo de poesía, ilustrado tamén por Luz Beloso e do que nos recitou algún dos poemas incluidos no libro.






Ao rematar, Miguel Angel sorprendeunos cunha actividade coa que nos pintou con luz na escuridade!!


GRAZAS MIGUEL ANGEL POR ENCHER A NOSA BIBLIOTECA DE COR, DE POESÍA E DE AMOR A NOSA LINGUA!!






O soño de Esther by Slidely Slideshow