Amosando publicacións coa etiqueta Educación infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación infantil. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

Candeanina le o libro "Leotolda" de Olga de Dios.


Hoxe Candeanina tráenos un libro da autora e ilustradora para a infancia Olga de Dios. Neste enlace, premendo aquí, podedes acceder a súa páxina e ver todos os seus traballos: son xeniais!

Entre moitos dos seus traballos Candeanina quere recomendarvos este: Leotolda:

(Clickando aquí ou sobre a imaxe transferides o libro en pdf!)

(Idade recomendada: a partir de 3 anos, é un libro para os máis pequenos da casa)




A propia autora deixanos na súa páxina web unha serie de actividades para transferir aos vosos ordenadores que podedes facer ao terminar de ler o conto! Pulsade aquí ou sobre a imaxe para acceder a elas! (Nivel educativo: a partir de Educación Infantil)



E todavía temos algo máis sobre Clotolda: unha música sobre ela! Pulsade sobre a imaxe para acceder a ela: está xenial, xa veredes! A cantar con Candeanina e Clotolda despois de ler e de facer as actividades!









martes, 11 de febreiro de 2020

Continúan os conta contos das familias de Educación Infantil na Candeanina Libroteca...

Paula, a mamá de Sofía, de 6º de EI, leulles un conto ao alumnado de Educación Infantil na biblioteca do cole.




luns, 13 de xaneiro de 2020

Comezamos o ano con máis conta contos das familias de Educación Infantil!

Foi a quenda de Yoli, a nai de Iker, que na Candeanina Libroteca contoulle un conto ao alumnando de 5º e 6º de Educación Infanil...



luns, 16 de decembro de 2019

Máis familias de Infatil na Candeanina Libroteca

Nesta quenda tocanos falar de Paula, a nai de Manuela; de Lourdes, a nai de Diana e de Rubén, o pai de Gael... Visitaron a biblioteca para contarlle un conto ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil...









martes, 12 de novembro de 2019

Comezan os contacontos das familias de Infantil na Libroteca Candeanina

Onte comezaron os contacontos das familias do alumnado de Educación Infantil na nosa biblioteca... Miguel, o tío de Cloe, contoulles, ao alumnado de 5º e 6º de EI, "Nora, a nena de sal"...



mércores, 20 de xuño de 2018

Visita á Biblioteca Municipal Neira Vilas

O pasado xoves o alumnado de educación infantil visitou a Biblioteca Municipal Xose Neira Vilas. Alí coñeceron os espazos da biblioteca, a clasificación dos libros para os máis pequenos, escoitaron contos e decoraron árbores coas cores das estacións.


E o mellor de todo, recollimos os carnés
 para ir biblio este verán! 


Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 19 de xuño de 2018

Despegamos con educación infantil

Aquí podedes ver o fantástico traballo que realizaron as nenas e nenos de 4º de Educación Infantil sobre o espazo.











 

martes, 12 de xuño de 2018

O insecto pau

Hai uns días Mael de 4º de educación infantil trouxo a escola un insecto pau. Pouco despois, descubrimos na biblioteca que é un "fásmido"




 "Os fásmidos teñen unha incrible capacidade de mimetismo. Algúns chegan a alcanzar os 30 centímetros, o que os converte nos insectos máis grandes do mundo. De día mantéñense inmóbiles e de noite aproveitan a escuridade para desprazarse e alimentarse de vexetais. Cando un depredador os apreixa por unha pata, poden amputala á vontade para zafarse. Adoitan darse en bosques tropicais, mais na península Ibérica existen 12 especies de fásmidos."
 




 Foi toda unha aventura!

martes, 5 de xuño de 2018

La maestra de las flores

As nenas e nenos de 4º de educación infantil traballaron o poema de Gloria Fuertes "La maestra de las flores".



 









mércores, 25 de abril de 2018

Devoradores de libros

As nenas e nenos de educación infantil estiveron comendo libros! 





Pero non eran libros como os que papaba Henry, o protagonista de O incrible neno devorador de libros,



eran libros comestibles con marmelo e queixo que fixeron  na aula.



Mirade que ben os fixeron e canto traballaron!

Libriños comestibles by Slidely Slideshow



venres, 23 de marzo de 2018

Os años de Benita e Miguel

Esta semana as nenas e os nenos de 4º de infantil saimos do colexio ata unha casa veciña para realizar unha visita moi especial...
 



Moitas grazas Benita e Miguel 
por abrirnos as portas da vosa casa!!












venres, 23 de febreiro de 2018

Creamos neve artificial

Estes días vai moito frío, pero non neva, así o alumnado de infantil decidiu experimentar e crear neve artificial.

Primeiro foi a observación.

Despois viñeron as preguntas e recollida de datos.

Maís tarde formularon hipóteses, experimentaron e analizaron os resultados.





Como ocorreu? Pois aquí o podedes ver.



Neve artificial by Slidely Slideshow

mércores, 7 de febreiro de 2018

Pipí caca

María, a mamá de Sofía, estivo na biblioteca na sesión de contacontos e xuntas nos contaron a historia de Simón, un coelliño que so sabe dicir "Pipí caca".



Un conto moi divertido de Stephanie Blake  co que pasamos unha sesión estupenda.




Moitísimas grazas chicas!!


 

martes, 9 de xaneiro de 2018

O COELLIÑO BRANCO

Lurdes, a mamá de Diana e Jose veu á biblioteca para contarnos O coelliño branco.



 Foi unha sesión estupenda como podedes ver neste vídeo. 




Moitas grazas Lourdes pola visita e por contarnos este conto tan estupendo!

xoves, 26 de outubro de 2017

DOBLE ALBOROTO

Nuria, a mamá de Naia e Lía estivo na nosa biblioteca e contounos Doble alboroto con Minnie de protagonista.

 





Moitas grazas Nuria pola túa colaboración!

martes, 24 de outubro de 2017

RODRIBICO APRENDE A VOAR

Comezamos cos Contacontos en infantil. Sergio, o papá de Xián de 4º de Educación Infantil contounos Rodribico aprende a voar de Manuel Guisande e Xosé Tomás.





Moitas grazas Sergio!


luns, 23 de outubro de 2017

O SISTEMA SOLAR DE BREIXO

Breixo e o seu papá Fran construíron un Sistema Solar  chulísimo con materiais de refugallo. A pasada semana fixeron a montaxe na aula de infantil, explicáronnos como se constrúe e os materiais que utilizaron.
















Moitísimas grazas a Breixo e ao seu papá.

Aprendimos moitísimo!


luns, 14 de decembro de 2015

Animais mariños

As nenas e os nenos de educación infantil, coa axuda das súas familias, investigaron sobre diferentes animais mariños. Expuseron na clase os seus traballos e gracias a eles aprendimos moitas cousas que non coñeciamos!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow made with Smilebox