Amosando publicacións coa etiqueta Animación lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación lectora. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de maio de 2018

Cocorico

Aroa e a súa nai Iria contáronnos Cocorico, un conto que nos encanta!  




Moitas grazas chicas, fixéstelo xenial! 


luns, 14 de maio de 2018

domingo, 29 de abril de 2018

Una historia de dos bestias

O alumnado de 4º de primaria nas sesións de mediación coñeceu Una historia de dos bestias de Fiona Roberton unha divertida e entrañable historia con dous puntos de vista diferentes.  



Decidimos contarlla aos demais nenos e nenas do cole no mes do libro. Despois do traballo sobre o libro e uns cantos ensaios...





Por parellas,  sairon ao patio, foron á biblioteca e as aulas para contarlles as nenas e nenos do cole esta historia que nos ensina que, as veces, temos que aceptar as opinións dos demais ainda que pensemos de forma diferente.










 Parabéns por este traballo tan estupendo!





Contactos: Una historia de dos bestias by Slidely Slideshow

luns, 26 de marzo de 2018

Garavaciño

Garavanciño é o conto que hai uns días nos contaron Lucía e a súa tía Noelia.


Moitas grazas chicas!


Contacontos Garavaciño by Slidely Slideshow

martes, 20 de marzo de 2018

Cocorico

Iker e a súa mamá Yolanda contáronnos o conto Cocorico de María Luisa Nuñez e  Helga Bansch.





 Moitas grazas por esta sesión de contacontos!


Contaconctos educación infantil "Cocorico" by Slidely Slideshow

martes, 13 de marzo de 2018

La bruja Brunilda

Daniela e a súa mamá Aida elixiron un conto divertidísimo para a sesión de contacontos, La bruja Brunilda, de Valerie Thomas con ilustracións Korky Paul.




Moitas grazas chicas, pasámolo xenial!


luns, 26 de febreiro de 2018

Nora, la niña de sal

Hai uns días Ariana e a súa mamá Sheila contáronnos Nora, la niña de sal de Fátima Fernández Méndez con ilustracións de Sergio Bimbo

 

 Moitas grazas chicas por esta sesión de contacontos!



 

mércores, 7 de febreiro de 2018

Pipí caca

María, a mamá de Sofía, estivo na biblioteca na sesión de contacontos e xuntas nos contaron a historia de Simón, un coelliño que so sabe dicir "Pipí caca".



Un conto moi divertido de Stephanie Blake  co que pasamos unha sesión estupenda.




Moitísimas grazas chicas!!


 

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Te quiero (casi siempre)

Hoxe Aroa Rodriguez e a súa mamá Vanesa estiveron na biblioteca para contarnos Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas.





 

martes, 16 de xaneiro de 2018

A Galiña Roxa: cociñamos galletas

Este conto solidario que tanto nos gustou, animounos a poñernos coas mans na masa. Aquí non había nin cans lacazáns, nin gatos dormilóns nin patos barulleiros, senón que todas e todos colaboraron.

                           

Igual que a  Galiña Roxa, o alumnado de educación infantil traballou arreo para elaborar galletas coa axuda das profes Verónica e Natalia e o profe Alberto.

 
Fruto do seu traballo sairon unhas galletas deliciosas coas que agasallaron á familia.





Grazas Vero pola túa colaboración e grazas tamén a  Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán que nos cedeu o seu local para ir alí a cocer as galletas no seu forno.


Elaboración de galletas by Slidely Slideshow

martes, 9 de xaneiro de 2018

O COELLIÑO BRANCO

Lurdes, a mamá de Diana e Jose veu á biblioteca para contarnos O coelliño branco.



 Foi unha sesión estupenda como podedes ver neste vídeo. 




Moitas grazas Lourdes pola visita e por contarnos este conto tan estupendo!

xoves, 14 de decembro de 2017

ESTO NO ES UNA SELVA

Esta semana tivemos sesión de contacontos na biblioteca. Desta vez foron Mario e a súa mamá Deli os que nos viñeron a contar un conto.


Escolleron un libro das novidades da biblioteca titulado Esto no es una selva de Rocío Bonilla publicado pola editorial Famboyant.








Moitas grazas Mario e Deli por esta sesión de contacontos!

luns, 13 de novembro de 2017

LOS SIETE CABRITILLOS

O pasado mércores o papá de Carla González estivo na biblioteca e contounos Los siete cabritillos.




Moitas grazas Jacobo pola visita e por compartir con nós a lectura dun conto clásico!

sábado, 17 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓN LECTORA: MARIETA

Athenea de 4º de primaria, admiradora de Marie Curie, quere recomendarnos este libro.




xoves, 15 de xuño de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe a hora de lectura foi coas madriñas e cos padriños...

Hoxe foi un día estupendo!


APADRIÑAMENTO LECTOR 2017 by Slidely Slideshow

luns, 12 de xuño de 2017

xoves, 8 de xuño de 2017

ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

O pasado lunes estivo na escola Iago López, o autor do conto O cociñeiro Martiño






E pasámolo realmente xenial...



Visita Iago López by Slidely Slideshow



Moitas grazas Iago pola túa visita!!




martes, 6 de xuño de 2017

A HORA DO BOCADILLO

Neste mes de xuño na hora do bocadillo...


Banda deseñada!!



                                       Imaxe Luis Davila

martes, 23 de maio de 2017

domingo, 21 de maio de 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O pasado venres Ledicia Costas estivo na nosa biblioteca e con ela mantivemos un pequeno encontro co alumnado de 5º e 6º de primaria. Contounos que o libro de Esmeraldina a pequena defunta xurdiu das moitas preguntas que lle facían  escolares desexosos e desexosas de coñecer a orixe da pequena defunta. 



Falamos con ela da vida e da morte, esa palabra tabú da  que non se fala coa infancia. Desvelounos ademais detalles das ilustracións de Victor Rivas. Tamén nos falou dalgunha que outra mascota que ela coñecía e de que, pese a que os grandes chefs son homes, no libro ela quixo resaltar as cociñeiras, en especial, as nais e avoas que cociñan.




Foi un encontro entrañable do que quedamos cun moi bo sabor de boca.





ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS by Slidely Slideshow


Moitas grazas Ledicia pola túa visita e doces saúdos con recendo a chocoleta.