Amosando publicacións coa etiqueta O espazo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O espazo. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2020

Candeanina estuda astronomía a partir de casa

Despois do conto sobre a Lúa de Bea Campos; despois de ver a peli de debuxos de Neil Armstrong; Candeanina ten de admitir algo: ficou mesmo interesada en todo o que ten que ver co espazo exterior: coa astronomía, a Lúa e os planetas...

O primeiro sitio que vos quere recomendar se a vos os pasou o mesmo é a Aula de astronomía de Fuenlabrada. Nela podedes encontrar fotos, vídeos e exercicios para estudar astronomía dende as vosas casas... Se pulsades sobre a foto vos levará a páxina da aula... Hai materiais para alumnado de Infantil e para alumnado de Primaria... 



Candeanina ainda ten tempo para recomendarvos unha outra páxina: a do Planetario Galileo Galilei de Bos Aires en Arxentina.

Premendo nas imaxes iredes aos dous lugares do Planetario onde hai actividades para crianzas.






venres, 8 de maio de 2020

Quén camiñou pola Lúa por primeira vez: Neil Armstrong

Onte, da man de Bea Campos, descubríamos a qué é que pode saber a Lúa... Hoxe, Candeanina quere aproveitar que andamos a falar da Lúa para contarvos unha historia... Quen foi a primeira persoa en por un pé na lúa? Un astronauta dos Estados Unidos de América chamado Neil Armstrong:



Ademais da Galipedia, Candeanina tamén quere deixarvos uns links dunha película de debuxos animados en que o protagonista é o propio Armstrong e o seu famoso viaxe a lúa...


Armstrong e a Lúa




Armstrong e a Lúa (2ª Parte)






Armstron e a Lúa (3ª Parte)



xoves, 7 de maio de 2020