Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2020

Candeanina visita a páxima de Mindheart: o Covibook e a Educación Emocional!




Hoxe queremos recomendarvos a páxina de Mindheart e algúns recursos que podemos encontrar nela!

Manuela Molina é a creadora da páxina e deste conto para crianzas de entre dous e sete anos para entender o Coronavirus -colocamos o link que ten creado o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina onde podedes encontrar este conto e outros:



Nesta sección da páxina web de mindheart podedes descargar o libro en formato PDF.

Deixamos aquí tamén os links directos para transferir o covibook en...




Finalmente aínda estamos a tempo de recomendarvos, para que, como sempre, acompañados ou acompañadas pola vosa familia, vaiades a outra sección da páxina de mindhearts: a de descargables! Onde podedes encontrar, entre outros recursos: un botiquín emocional e exercicios de autoestima infantil!




luns, 12 de febreiro de 2018

Botella da calma

Con motivo do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, o alumnado de 4º de primaria creou unha presentación para ensinarnos como elaborar unha botella da calma.





luns, 6 de febreiro de 2017

QUÉROTE MÁIS

Na semana da Paz e a Convivencia Escolar sacamos dos andeis da biblioteca  os libros que tiñamos que falan da paz, da convivencia, do respecto, dos valores, das emociónssentimientos; libros para coñecérmonos mellor e para collecer mellor e respectar as personas que nos rodean...Todos eles foron para a cociña e durante estes días démoslles un pouco máis de uso. 


Nuns días estarán de novo nos andeis da biblioteca, para que sigades coñecéndoos un pouco máis...




QUÉROTE MÁIS by Slidely Slideshow


Tamén quixemos descubrir sensacións e mensaxes   agochadas nos botes da nosa cociña. Mensaxes de paz para as compañeirascompañeros que cada aula escribiu nun papeliño e agochou no seu bote. Uns botes de cociña con ingredientes que, ao tocalos,  facíannos sentir diferentes sensacións...