Continuando coa celebración do Día da Biblioteca estiveron na nosa biblioteca Bea Campos e Paulo que viñeron a contarnos cinco fermosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos .
Foi unha xornada xenial, porque na biblioteca ademais de escoitar contos tamén podemos aprender a ser solidarios e solidarias e podemos divertirnos.
Os contos foron...
A arbóre da escola
Wonder. Todos somos únicos
A galiña roxa
Sapo y el forastero
¿Dónde viviré?
E como non podía ser doutro xeito... rematamos a celebración bailando!