Amosando publicacións coa etiqueta Escola Virtual de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola Virtual de Lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

Escola de Lectura Virtual para Familias Curiosas

O salón do libro ven de pór a camiñar unha escola de lectura virtual para familias.

Como podedes encontrar na súa páxina estes son os seus obxectivos (están na súa páxina tamén!)

- Dar recomendacións para que as nosas fillas e fillos teñan hábito lector e dar pautas para converterse en familias comprometidas coa lectura.
- Coñecer e asesorar sobre libros interesantes e atractivos tendo en conta os grupos de idade e prestando especial atención á produción editorial galega
-Coñecer libros axeitados que nos axuden a resolver conflitos, coñecer o mundo e mellorar a convivencia
- Ensinar a contar contos, recitar rimas e poesías facendo uso ou non doutros recursos (musicais, visuais, etc.).
- Ensinar a compartir e comentar as lecturas das súas fillas e fillos.
- Crear contos a partir da improvisación ou de experiencias próximas.
- Ensinar a xestionar unha biblioteca familiar e crear un espazo axeitado para a lectura.
- Ofrecer recursos e ideas para facer da lectura un xogo, unha aventura en familia.

Deixamos unha imaxe coa programación... Premendo sobre ela vos leva a páxina da que tiramos a información.