Como xa vén sendo costume, na biblioteca celebramos as Letras Galegas co alumnado da ESO do IES Carlos Casares. Estes formidables contacontos achegáronnos a obra de María Victoria Moreno da mellor forma posible: con música, teatro, xogos, creatividade e ilusión. Este ano
ademais, cunha produción propia A fada e o dragón.
O alumnado de infantil puido gozar coa representación de Un cachiño de bica, Mar adiante, O Cataventos e Xa non teño medo. Tamén representaron O pergamiño Vindel de produción propia.
Despois de contarnos Leonardo e os fontaneiros ofrecéronnos xogar con eles a catro xogos creados a partir do libro: A catro patas coma Lenardo, A cidade de Antón e Leonardo, Tres bos e tres malos.
Moitos parabéns as rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares e as profesoras Bea e Almudena que fixeron posible este gran traballo!
Letras Galegas 2018 by Slidely Slideshow