Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de abril de 2019

Madriñas e padriños lectores

Rematamos o mes do libro coas madriñas e padriños
lendo e compartindo lecturas.




Encontro con Iria Misa

O pasado venres 26 a escritora Iria Misa estivo na nosa bibliteca e con ela mantivemos un pequeno encontro co alumnado de 5º e 6º de primaria.


Falounos do seu libro Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de como foi o proceso de escritura





respondeunos moi amablemente a todas as preguntas e falamos de Aine e os personaxes que aparecen no libro



Tamén mantivemos unha conversa moi interesante sobre a transexualidade.



 
Ilustración: Xonxa Martínez


           

 Por todo isto, e por moito máis,
 grazas Iria Misa pola túa visita.

mércores, 12 de decembro de 2018

La ovejita que vino a cenar

La ovejita que vino a cenar e o conto que Iker e a súa mamá Yoli viñeron a contar a biblioteca hai uns días...




e que moito nos gustou





Moitas grazas Yoli e Iker
 por este momento tan estupendo!

martes, 20 de novembro de 2018

COCORICO

Hoxe estivo na biblioteca Eva a mamá de Gael e Nerea para contarnos dous contos que nos gustan moito.


Cocorico


 
¡Vale, buenas noches!



Moitísimas grazas Eva por este momento tan especial!


venres, 9 de novembro de 2018

OS BOLECHAS FAN UNHA BANDA

A quen non lle gusta a música? A nós moito, igual que esta historia de Os Bolechas que nos contou Diana e a súa mamá Lurdes.






 
Moitas grazas chicas
 por esta sesión tan divertida de contacontos!

martes, 30 de outubro de 2018

El caballo valiente

Hai uns días Paula, a mamá de Nico, Paula e Manuela, viu a biblioteca para contarnos "El caballo valiente", un precioso conto que elaboraron xuntos en familia.



 Moitas gracias Paula,
e parabéns familia!
 

luns, 29 de outubro de 2018

Os tres porquiños

Que bonito foi recordar o conto clásico de Os tres porquiños con Xoel a súa mamá Cristal e o seu papá Samuel.



 Moitas grazas familia
 por compartir con nós a lectura deste conto
 e polos agasallos que nos trouxestes!!

venres, 26 de outubro de 2018

¡Vale, buenas noches!

Nerea e o seu papá Rubén contáronnos ¡ Vale, buenas noches! un conto moi divertido que narra a historia dun Oso que está moi cansado e quere durmir, pero non pode, porque o seu veciño o Pato non ten nada de sono e  insiste en xogar con el.






Moitas grazas Nerea e Rubén  
por amosarnos este conto tan estupendo!







martes, 9 de outubro de 2018

Frida Kahlo

Grazas a Graciela, a mamá de Cloe e Breixo, coñecimos á pintora Frida Kahlo. Esta mañá, na biblioteca, contounos Pequeña y grande Frida Kahlo, unha biografía para os máis pequenos e pequena, da editorial Alba.




Moitas grazas Graciela, 
por facer este ratiño tan especial!




venres, 5 de outubro de 2018

¿De qué color es un beso?

Hoxe inauguramos a sesión de contacontos en familia na biblioteca.



Moitas grazas Juan por este momento 
tan estupendo! 




 

mércores, 13 de xuño de 2018

Recomendación lectora: Rubicundo

Elena e Candela de 3º de primaria recoméndannos Rubicundo de María Canosa.






venres, 1 de xuño de 2018

Encontro con María Canosa

Rematamos o Mes das Letras coa visita de María Canosa á nosa biblioteca. 



Falounos da importancia dos lectores porque sen nós, dixo, os seus libros non terían sentido, dos premios Xerais, do respecto á diversidade e  como non, dos protagonistas dos seus libros: nenos e nenas (dos que non sabemos a idade) con curiosidade, iniciativa, honrados e xenerosas que ao seu carón teñen un animal que lles fai compañía.


Respondeu ás preguntas e á curiosidade que tiñamos e con ela pasamos unha mañá estupenda.





Encontro con María Canosa by Slidely Slideshow


Por todo isto, e máis...moitas grazas María pola túa visita!

mércores, 30 de maio de 2018

martes, 29 de maio de 2018

Iago López, eu conto, ti cantas

Iago López viu á escola a semana pasada para contarnos Eu conto, ti cantas... de María Victoria Moreno.




 As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria xa coñecían as historias e os seus personaxes porque o traballoron na aula




pero poder escoitados na voz Iago foi moito mellor,
 foi estupendo!



Se che gustou o conto
ben cho agradezo.
Quero mandarche un bico
máis un consello:

     fai como Iván
     busca o amor nos ollos
     doces dun can.