Amosando publicacións coa etiqueta Poéticas diversas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poéticas diversas. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de maio de 2019

Encontro con Fran Alonso

O escritor, editor e xornalista Fran Alonso estivo na biblioteca para falarnos das catro patas do seu gato, que é poeta.



Falounos da música de Martín Codax e Mendiño, de Rosalía, de Uxío Novoneyra e do silencio do Caurel; tamén de Celso Emilio Ferreiro e das cousas que non nos gustan e que poden ter cabida nos poemas.

Recitamos, rapeamos e xogamos coas palabras...





E, como a poesía é diversa, para rematar o alumnado de 3º e 4º de primaria representou unha danza poema cun dos poemas de Fran Alonso que prepararon coa profe Chus.




Moitas grazas Fran por encher a nosa biblioteca de palabras, de música, de moitos silencios e de maxia.

xoves, 21 de marzo de 2019

Poéticas diversas

 Todo comezou cunha sorpresa na biblioteca...




Descubrimos unha nova poesía de orixe xaponés e comezamos a crear os nosos versos...

 


Aprendimos que na rede podemos e debemos atopar imaxes libres de dereitos de autor.


Imaxe: Naica Moreiras

Tamén utilizamos as nosas propias imaxes ...

 
Imaxe: Xiana Lorenzo


E agasallamos os nosos Haikus o Día de Rosalía

Hoxe presentámosvos o noso traballo.






Feliz Día da Poesía!