Que ben o pasamos a pasada semana na biblioteca con Bea Campos e Manuel Pombal que viñeron a contarnos seis marabillosos contos solidarios integrados dentro da campaña Impórtanos.
Contos para escoitar, para divertirse e para aprender a ser solidarios e solidarias...
Bebés nacidos en diferentes partes do mundo
O traballo colectivo, a convivencia e a natureza
O elefante que nos ensina a aceptar as diferenzas
Sobre a importancia das cousas sinxelas
Unha reflexión divertida sobre a tolerancia e o racismo
Para falar do altruismo, a xenerosidade e o valor das cousas
Contos con pegada 2018 by Slidely Slideshow
Moitas grazas Bea e Manuel
por achegarnos de forma tan divertida
contos para un mundo mellor!