Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Angel Alonso Diz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Angel Alonso Diz. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de abril de 2016

O valente coello que quiso soñar

Miguel Angel Alonso Diz  volveu  encher a nosa biblioteca de cor, alegría, poesía e ilusión. Desta vez presentounos a "O valente coello que quixo soñar" con ilustracións de Luz Beloso.





"Esta é a bela historia
dun pequeno animal 
que é branco coma a neve
e sabe ben saltar"





O valente coello que quixo soñar by Slidely Slideshow


Grazas por unha mañá tan especial!!







domingo, 22 de marzo de 2015

O soño de Esther

Hai uns días visitounos Miguel Angel Alonso Diz poeta, escritor e contacontos que coa súa ilusión e entusiasmo contaxiounos a súa paixón polas letras. Presentounos O soño de Esther, un fermoso libro con ilustracións de Luz Beloso.




"A súa protagonista, Esther, atopa nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso. Grazas a elas consegue escapar dunha temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o quere destruír ao seu paso. Neste libro, as nenas e os nenos, achéganse ás vogais, aos números, aos puntos cardinais a través dunha fermosa e entretida historia."




Tamén nos presentou ao Cullarapo Croque, un libro cheo de poesía, ilustrado tamén por Luz Beloso e do que nos recitou algún dos poemas incluidos no libro.






Ao rematar, Miguel Angel sorprendeunos cunha actividade coa que nos pintou con luz na escuridade!!


GRAZAS MIGUEL ANGEL POR ENCHER A NOSA BIBLIOTECA DE COR, DE POESÍA E DE AMOR A NOSA LINGUA!!






O soño de Esther by Slidely Slideshow