Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medio ambiente b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 20 de xaneiro de 2022
Preparando o día da Paz...
martes, 21 de marzo de 2017
21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, DOS BOSQUES E DA SÍNDROME DE DOWN
Hoxe 21 de marzo é unha data para a celebración, para a reivindicación e para a concienciación.
Célebrase o Dia da poesía, e nós en homenaxe a Gloria Fuertes sacamos os seus libros dos andeis da biblioteca para que os degustedes nestes días.
Tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down. Porque a causa máis frecuente é un cromosoma de máis no par 21 (Trisomía 21), porque marzo é o mes 3 do ano e o máis importante; porque é necesario concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a realidade das persoas con síndrome de Down.
Para rematar, non queremos esquecernos do Día Internacional dos Bosques porque sen eles a vida no noso planeta non sería posible.
a Forest Year from motionkicker on Vimeo.
Célebrase o Dia da poesía, e nós en homenaxe a Gloria Fuertes sacamos os seus libros dos andeis da biblioteca para que os degustedes nestes días.
"Los niños que leen poesía se aficionan a la belleza del lenguaje y seguirán leyendo poesía toda su vida"
Tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down. Porque a causa máis frecuente é un cromosoma de máis no par 21 (Trisomía 21), porque marzo é o mes 3 do ano e o máis importante; porque é necesario concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a realidade das persoas con síndrome de Down.
Estades convidadas e convidados a pasar pola nosa cociña e coñecer a David e a Paulo, os protagonistas destes contos.
Para rematar, non queremos esquecernos do Día Internacional dos Bosques porque sen eles a vida no noso planeta non sería posible.
Neste vídeo podedes ver en menos de 3 minutos a vida dun bosque caducifolio durante 15 meses. O autor é Samuel Orr que desde a ventana da cabaña onde vivía, situada nunha reserva natural de EEUU, tomou máis de 40.000 fotografías para amosarnos o ciclo vital dun bosque con todas estacións, as cores e os sons.
a Forest Year from motionkicker on Vimeo.
Etiquetas:
Conmemoracions,
Día da poesía,
Día da Síndrome de Down,
Día dos bosques,
Diversidade,
Ecoloxía,
Medio ambiente
domingo, 8 de maio de 2016
HAI QUE MOLLARSE!
Co fin de fomentar a capacidade crítica e o respecto ao medio ambiente, as actividades promovidas pola bilbioteca no terceiro trimestre xirarán arredor da contaminación, a ecoloxía e o coidado do entorno.
O alumnado de 3º como tarefa elaborou un cartel para a recollida de móbiles no centro e no barrio e así participar na campaña MOVILizate por la selva do Instituto Jane Goodall
O cartel elixido pola clase foi o de Xiana porque cumplía todos os requisitos: un eslogan fácil de lembrar, un pequeno texto que convenza e imaxe que a primeira vista indique o que queremos.
Os puntos de recollida de móbiles:
- O noso centro
- O supermercado Onda en Candeán
- O bar de Chin en Candeán
- A Asociación Cultural e Veciñal de Candeán
- O CEIP Eduardo Pondal en Sampaio.
- O bar Princesa no Casco Vello de Vigo
Se conseguimos máis de 30 podemos solicitar a recolllida de balde no centro e as rapazas e rapaces de 3º poderán apadrinar un chimpancé.
Un gran traballo en equipo de documentación, reflexión e elaboración que podedes ver no blog da súa aula picando no seguinte enlace:
http://coaxanelaberta.blogspot.com.es/p/pdi-ardora.html
http://coaxanelaberta.blogspot.com.es/p/pdi-ardora.html
Etiquetas:
Ecoloxía,
Jane Goodall,
Medio ambiente,
Móbiles,
PDI Ardora,
Reciclaxe
xoves, 4 de xuño de 2015
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
Con esta celebración preténdese fomentar un cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
Desde a biblioteca queremos sumarnos á campaña e concienciar á sociedade, é dicir, a nós mesmos, da necesidade de coidar e protexer o medio ambiente.
O lema do Día Mundial do Medio Ambiente deste ano é Sete millóns de soños. Un so planeta. Consume con moderación.
O futuro do planeta está nas nosas mans, axudémolo, porque o planeta terra somos nós!!
As persoas seguimos consumindo moitos máis recursos dos que o planeta pode proporcionar.
Sabíades que o sector da gandeiría emite máis gases de efecto invernadoiro que o sector do transporte en todo o mundo? Por iso, aínda que vos pareza raro, reducir o consumo de carne pode contribuir á loita contra o quecemento global porque a cría de gando provoca emisións de gases de efecto invernadoiro, deforestación e outros problemas medio ambientais.
Por iso, e moito mais non desperdicies os alimentos...
Tampouco vos esquezades do mar
Un conto dunha princesa en apuros que fala do quecemento global
Una Princesa en Apuros / Princess in Trouble from Flacso Argentina on Vimeo.
Mirade como os animais salvan o planeta, é moi divertido!!
Mensaxe da Nai Naturaza
Os humanos temos un tesouro que ás veces non coidamos e nunca imaxinamos que se pode esgotar...
Temos nos corredores do noso cole contenedores onde reciclar así que non vos esquezades das tres R!!
Xoga e recicla con Caillou
Como sabemos que vos gusta a música, deixámosvos cunha canción con moito ritmo e moita mensaxe!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










