Amosando publicacións coa etiqueta Encontros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontros. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de febreiro de 2019

Infortunios Cotidianos

Coral Martínez ilustradora e entintadora, entre outros traballou para DC comics ou a revista europea Donald Dock de Disney, estivo na nosa biblioteca para falarnos do seu primeiro libro ilustrado Infortunios Cotidianos.


Aproveitando a ocasión, este mes sacamos dos andeis algúns dos libros de banda deseña que temos na biblioteca



 tamén engadimos novidades



E as máis pequenas e pequenos do cole tiveron a oportunidade de descubrir as viñetas e os bocadillos.




Foi xenial ver a Coral debuxar, poder crear personaxes con ela e que nos respondera a todas a preguntas que lle formulamos.




Moitas grazas Coral por esta xornada tan estupenda!







mércores, 28 de marzo de 2018

Encontro con Anxo Moure

O Día Internacional da Poesía e dos Bosques contamos coa presenza de Anxo Moure na nosa escola.


 Con el rimamos, nos acariñamos e abrazamos as árboles.







"Se o río quereres amar

se o bosque quereres coidar

se a guerra quereres parar

en vez de árboles queimar

en vez de berrar e pelexar

os ríos tedes que escoitar cantar

as árbores tedes que abrazar

e moitas caricias tedes que dar" 

      Anxo Moure: A xacia Luviñas




Encontro con Anxo Moure by Slidely Slideshow
Música: Servando Barreiro en "A música das árbores"



Moitas grazas Anxo por ensinarnos 
a amar e a respectar á natureza!

domingo, 21 de maio de 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O pasado venres Ledicia Costas estivo na nosa biblioteca e con ela mantivemos un pequeno encontro co alumnado de 5º e 6º de primaria. Contounos que o libro de Esmeraldina a pequena defunta xurdiu das moitas preguntas que lle facían  escolares desexosos e desexosas de coñecer a orixe da pequena defunta. 



Falamos con ela da vida e da morte, esa palabra tabú da  que non se fala coa infancia. Desvelounos ademais detalles das ilustracións de Victor RivasTamén nos falou dalgunha que outra mascota que ela coñecía e de que, pese a que os grandes chefs son homes, no libro ela quixo resaltar as cociñeiras, en especial, as nais e avoas que cociñan.




Foi un encontro entrañable do que quedamos cun moi bo sabor de boca.





ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS by Slidely Slideshow


Moitas grazas Ledicia pola túa visita e doces saúdos con recendo a chocoleta. 

mércores, 11 de maio de 2016

ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS

A semana pasada visitou á nosa biblioteca Érica Esmorís. Contounos moitas anecdotas da súa infancia, das súas mascotas e por suposto, falounos do seu libro Nena e o mar  ilustrado por Dani Padrón, co que gañou o Premio Merlín de literatura infantil no 2015.


Con ela pasamos unha mañá estupenda e aprendimos moitas cousas sobre como se crea un libro tan fermoso como este protagonizado por unha valente pequena que vai na busca do seu pai. Tamén nos contou que hai libros que teñen banda sonora, a de Nena e o mar foi composta por Mattew Ward, músico norinlandés que canta e toca en diferentes formacións de folk galegas. 



Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow


Moitísimas grazas Érica pola túa visita e por facernos crer que todo, absolutamente todo, é posible.

luns, 9 de maio de 2016

ENCONTRO CON GONZALO MOURE

A visita de Gonzalo Moure, escritor consagrado que recibiu numerosos premios, deixounos moi doce saber de boca. Conversamos en el sobre temas da vida, da súa infancia e familia, dos libros Palabras de caramelo e Cama e conto e tamén dun lugar moi especial para el, o Sahara.


Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow


Moitísimas Grazas Gonzalo pola túa visita e polas túas palabras!!