Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de outubro de 2017

O NOSO PEQUENO UNIVERSO

Coincidindo coa Semana Mundial do Espazo que se celebrou do 4 ao 10 de outubro, na escola comezamos coa ambientación do noso pequeno universo.





Grazas ao conserxe Arturo xa temos a  torre de control xunto ao cartel ilustrado por Xosé Tomás que recibimos de Bibliotecas escolares. "Aprender a pensar coa biblioteca escolar"  será un dos nosos retos este curso.





E a nave, que nos levará a explorar outros mundos;




 os planetas do  Sistema Solar que elaboramos nas aulas





e os fantásticos debuxos que trouxéstes de casa coa solución ao acertixo.




Educación Infantil



                                    1º e 2º de Primaria




















3º e 4º Primaria

























5º e 6º Primaria




E si, a maioria acertastes. O planeta de onde viu Candeanina é Platurno e o xentilicio platurnianos e platurnianas.


Grazas a todas e a todos por participar!

luns, 28 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Desde a biblioteca sumámonos ao lema da campaña das bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este curso: "Biblioteca escolar, base de exploracións", porque nós tamén queremos convidar desde aquí a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
A ilustración corresponde a Fran Bueno, artista compostelán que se define Vangardista, autor de cómic e ilustrador de númerosos libros, entre eles, libros de texto. 


"O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a esturda xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiñoa milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido"



A nosa viaxe vai comezar aquí, o mércores 30, neste lugar tan fermoso que vedes na fotografía. Recorreremos este espazo, coñeceremos o mundo submarino e as tradicións mariñeiras. Camiñaremos ata un lugar onde atoparemos embarcacións que utilizaban hai anos, visitaremos a praia e gozaremos xuntos o inicio desta base de exploracións.





xoves, 9 de outubro de 2014

Biblioteca escolar...matemático!!!

Biblioteca escolar matemático é o lema da campaña das bibliotecas escolares galegas deste ano. Polo cole xa andan algúns destes carteis... a ver quen é o primeiro en atopalos!!!


O autor do póster é David Pintor un artista galego recoñecido internacionalmente que expuso o seu traballo en galerías de todo o mundo. Conta no seu blogue, que a obra é unha pequena homenaxe ao debuxante e matemático M.C. Escher e que ten varios detalles a descubrir.



Unha curiosidade, nunha rúa de Oporto hai un mural de David, que como vedes parece que ao seu personaxe tamén lle gusta ler.