Parabéns rapazas e rapaces, fixestes un gran traballo!!
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Ardora b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Ardora b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 22 de xuño de 2016
venres, 3 de xuño de 2016
1,2,3...Listen to me!
As nenas e nenos de 1º e 2º elaboraron un libro e foron á biblioteca a contarllo aos maiores...en inglés!!
Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow
1,2,3...Listen to me!
Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow
mércores, 25 de maio de 2016
RUMBO A TERRANOVA
O día 19 de setembro na saída ao Museo do Mar de Galicia atopamos unha botella cunha mensaxe misteriosa. A partir dese día iniciamos o Proxecto Ardora, onde ao longo destes oito meses realizamos diferentes actividades e tarefas relacionadas especialmente con Vigo e o mar aínda que tamén tiveron cabida moitas outras dependendo dos intereses e motivacións de cada grupo.
O pasado xoves, cumplidos os oito meses, o alumnado de 1º e 2º de primaria redactou unha "mensaxe" á que se adheriron o resto de alumnado do cole. Como curiosidade contamos que Xulio Verne estivo en Vigo e que a nosa cidade sae mencionada na obra Vinte mil leguas de viaxe submarina. Tamén lle pedimos á persoa que atope a botella a leve a escola máis próxima para que as nenas e nenos que a lean nos respondan e nos conten cousas sobre a súa escola e o lugar onde viven.
Grazas a teacher Sara tamén a poidemos enviar en inglés porque quen sabe, ao mellor pode chegar moi lonxe...
Esta carta vai nunha botella destino a Terranova no Buque oceanográfico Vizconde de Eza grazas a Eduardo López, biólogo do Centro Oceanografico de Vigo Estamos moi agradecidas e agradecidos con el pola súa amabilidade e por facer posible que esta actividade se poda levar a cabo.

O luns 23 saíron rumbo ao Gran Banco e pronto teremos noticias da nosa botella grazas á tripulación do Vizconde de Eza.
Mentras seguimos o desenvolvemento da campaña Platuxa 2016 no seguinte blog:
http://platuxa.blogspot.com.es/
Desexámoslle desde aquí unha moi boa campaña!!
Etiquetas:
20.000 Leguas de Viaxe Submarina,
Campaña Platuxa,
Oceanográfico,
PDI Ardora,
Vizconde de Eza,
Xulio Verne
xoves, 12 de maio de 2016
HOORAY FOR FISH!
Nos últimos días na aula de inglés, as nenas e nenos de Educación infantil estiveron lendo o libro de Lucy Cousins Hooray for Fish!
Tamén o visionaron en DVD
Finalmente cadaquén escolleu o seu personaxe favorito, pintouno e aquí os tedes: SPLOSH, SPLASH, SPLISH!
WE ARE ALL DIFFERENT FISH BUT AT THIS SCHOOL WE SWIM TOGETHER
domingo, 8 de maio de 2016
HAI QUE MOLLARSE!
Co fin de fomentar a capacidade crítica e o respecto ao medio ambiente, as actividades promovidas pola bilbioteca no terceiro trimestre xirarán arredor da contaminación, a ecoloxía e o coidado do entorno.
O alumnado de 3º como tarefa elaborou un cartel para a recollida de móbiles no centro e no barrio e así participar na campaña MOVILizate por la selva do Instituto Jane Goodall
O cartel elixido pola clase foi o de Xiana porque cumplía todos os requisitos: un eslogan fácil de lembrar, un pequeno texto que convenza e imaxe que a primeira vista indique o que queremos.
Os puntos de recollida de móbiles:
- O noso centro
- O supermercado Onda en Candeán
- O bar de Chin en Candeán
- A Asociación Cultural e Veciñal de Candeán
- O CEIP Eduardo Pondal en Sampaio.
- O bar Princesa no Casco Vello de Vigo
Se conseguimos máis de 30 podemos solicitar a recolllida de balde no centro e as rapazas e rapaces de 3º poderán apadrinar un chimpancé.
Un gran traballo en equipo de documentación, reflexión e elaboración que podedes ver no blog da súa aula picando no seguinte enlace:
http://coaxanelaberta.blogspot.com.es/p/pdi-ardora.html
http://coaxanelaberta.blogspot.com.es/p/pdi-ardora.html
Etiquetas:
Ecoloxía,
Jane Goodall,
Medio ambiente,
Móbiles,
PDI Ardora,
Reciclaxe
martes, 3 de maio de 2016
Caderno viaxeiro
O caderno viaxeiro de 4º de Educación Infantil xa cumpliu o seu cometido e regresa dos fogares despois navegar entre contos, música e libros para a familia. Agora está a bo recaudo na biblioteca para que a podades consultar cando queirades.
Libreta viaxeira
luns, 25 de abril de 2016
A volta a Vigo en 80 días
Rematou A volta a Vigo en 80 días e o Día do Libro poidemos ver o resultado. Moitísimas grazas a todas e a todos por colaborar, en especial ás familias, que axudaron a que esta viaxe por Vigo e a súa comarca fora posible.
"Todos somos capitáns
compañeiros de lugar
ti sorris coma nós
porque somos coma vós.
Imos á procura dun soño,
por lonxe que pareza estar,
nadaremos cos golfiños
polas ondas do teu mar"
Magín Blanco
martes, 12 de abril de 2016
Pequeno Nautilus
Parece que o alumnado de Infantil saiu de viaxe no seu pequeno Nautilus co capitán Nemo ao mando.
Levaron unha maleta onde recolleron toda a información.
Neste vídeo podedes ver o resultado da súa investigación sobre o paso de Xulio Verne por Vigo.
domingo, 10 de abril de 2016
Somos mar
Somos mar é un vídeo promocional sobre Vigo que rinde homenaxe á xente do mar, aos mariñeiros que xa non están e aos mariñeiros que cada día traballan na Ría de Vigo. Un vídeo que lembra a importancia do sector do mar na economía da zona e na vida das súas xentes.
domingo, 3 de abril de 2016
Traxe de salvamento
No primeiro andar, xunto á biblioteca, temos un traxe de salvamento marítimo xunto con algunhas das súas características:
- É un traxe para home ou muller con estaturas de entre 1,50 metros e 2metros e peso entre 50 e 120 quilos.
- Permite estar ata 6 horas na auga a 5 grados de temperatura.
- No pescozo e na parte alta da espalda ten unha axuda flotante para manter a cabeza fóra da auga.
- Ten ¨reflectantes" que brillan cando lles dá a luz e así poder localizar á persoa que está na auga.
- Tecido de neopreno, que impide que o corpo perda calor.
- Ten unha luz para que se vexa a persoa pola noite.
- As manoplas son de neopreno. Son así para manter xuntos os dedos e que non se arrefríen.
No seguiente vídeo podedes ver o rescate, con ondas de 9 metros e ventos de forza 8, de Salvamento Marítimo que no pasado mes de xaneiro salvou aos 22 tripulantes do cargueiro "Modern Express" a 148 millas Norte de Cabo Ortegal.
luns, 21 de marzo de 2016
DÍA DA POESÍA: MANUEL MARÍA
Etiquetas:
Día da poesía,
Manuel María,
Os sonhos na gaiola,
PDI Ardora,
Suso Vaamonde
domingo, 6 de marzo de 2016
A volta ao mundo de Nellie Bly
Elizabeth Jane Cochran, xornalista que asinaba os seus artigos como Nellie Bly, foi a primeira persoa en facer realidade a aventura de Phileas Fogg, o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días"
Nellie Bly (1864-1922)
O 14 de novembro de 1889 partiu do peirao de Hoboken, en Estados Unidos, camiño a Europa. Tiña 25 anos cando iniciou a súa aventura soa, seguindo a ruta do protagonista da novela de Xulio Verne.
Durante a travesía, recibiu unha carta de Xulio Verne e da súa muller, invitándoa a que os visitara. Nellie non o dubidou, e ao día seguinte de ler a petición da parella pasaba a tarde conversando con eles na casa que tiñan en Amiens, Francia.
Nellie Bly no so fixo realidade o record do personaxe literario, senón que foi máis rápida: conseguiu finalizar o traxecto en 72 días, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos.
Recolleu o seu periplo nun libro, no que narra a súa aventura, titulado "Volta ao mundo en 72 días".
Outra muller, Elizabeth Bisland, facía o mesmo recorrido pero en sentido inverso. Ela necesitou catro días máis para finalizar o traxecto.
Para saber máis:
Etiquetas:
Día da muller,
Nellie Bly,
PDI Ardora,
Xornalismo,
Xulio Verne
venres, 12 de febreiro de 2016
A volta ao mundo de Phileas Fogg
Estamos na conta atrás para que, como Fogg ou Nellie Bly, finalicedes a vosa Volta á Vigo e comarca e teñamos xa as vosas fotografías.
Pero quen é Phileas Fogg?
Pero quen é Phileas Fogg?
Para quen non o saiba, Fhileas Fogg é o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días". Fogg é un home enigmático ao que lle gusta asistir puntualmente ao distinguido Reform Club. Un día, decide apostar a metade da súa fortuna de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Pouco tempo antes da súa partida, en Londres, ocorre un roubo nun banco. O detective Fix sospeita de Phileas Fogg pola súa repentina saída de Inglaterra e pola cantidade de diñeiro que leva enriba. Nas súa aventura o acompaña Jean Passepartout.
Ilustración de Alphonse Marie de Neuville
Como curiosidade
O libro é tan popular que se fixeron numerosas adaptacións ao cine, ao teatro e á animación.
No ano 1956 a adaptación ao cine recibiu cinco premios Óscar e dous Globos de Oro.
No ano 1956 a adaptación ao cine recibiu cinco premios Óscar e dous Globos de Oro.
Nos anos oitenta en España estrenouse unha serie de debuxos animados baseada no libro que tivo moito éxito.
Tamén en conto animado.
Incluso as 3 Mellizas quixeron dar A volta ao mundo en oitenta días!
domingo, 17 de xaneiro de 2016
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
Neste segundo trimestre queremos convidar a todo o alumnado e ás familias a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
O tema da navegación axudaranos a coñecer outros mundos, culturas e formas de vida.
fonte: http://jacintoseenreda.blogspot.com.es/2014/09/especial-mapas-espana-europa-y-el-mundo.html
E un faro será o que nos guíe nesta ruta ao longo do segundo trimestre.
Fotografía de Xacobe Casal
martes, 15 de decembro de 2015
Artigos de pesca
Na saída ao Museo do Mar, ademais de visitar o acuario o alumnado de 3º visitamos a tenda de artigos de pesca. Alí observamos e anotamos utensilios básicos da pesca co que elaboramos en pequenos grupos un arquivo dixital. Con este traballo Santi, Fátima, Rául, Naica, David, Xiana, Manuel, Ainoa e Anxo no so reflexionamos sobre este oficio senón que aprendemos a traballar en equipo e facer traballos dixitais.
luns, 14 de decembro de 2015
Animais mariños
As nenas e os nenos de educación infantil, coa axuda das súas familias, investigaron sobre diferentes animais mariños. Expuseron na clase os seus traballos e gracias a eles aprendimos moitas cousas que non coñeciamos!!
![]() |
| This slideshow made with Smilebox |
venres, 11 de decembro de 2015
Ardoras de pedra
O día da nosa saída ao Museo do Mar de camiño a Bouzas fixemos unha parada na praia. Ali atopámonos con moitímos coios. Só poidemos coller un por persoa, temos que coidar o medio ambiente e as pedras forman parte do ecosistema.
No cole fixemos con elas peixiños, bonecos, animaliños, e todo o que se nos foi ocorrendo e imaxinando.
Na clase de 3º fixemos ardoras
Ardoras de pedra by Slidely Slideshow
martes, 8 de decembro de 2015
O mar chega a Sampaio
As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil quixeron amosarlle todo o que están aprendendo sobre o mar ás nenas e nenos de infantil do CEIP Eduardo Pondal.
Ademais enviáronlles una agasallo que fixeron na escola coa profe Vicky.
A mensaxe dos peques de Sampaio
Despois de atopar a botella o día da saída ao Museo do Mar, as nenas e os nenos de 5º e 6º de Infantil quedaron cheos de dúbidas. Non sabían quen podería ser ese señor chamado Xulio que escribiu a mensaxe, nin onde estaría ese taller onde había un submarino e a donde levou o seu iate a reparar.
Pois hai uns días recibimos resposta á nosa mensaxe. Non tiña letras nin números como a que lle enviamos nós. Toda unha incógnita...
Ata que tiveron unha fantástica idea: lle pedirían axuda ao nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal, así que decidiron enviarlle a súa mensaxe nunha botella.
Pois hai uns días recibimos resposta á nosa mensaxe. Non tiña letras nin números como a que lle enviamos nós. Toda unha incógnita...
Ata que a profe Pili nos dixo que se chaman códigos QR e nos descubriu o seu funcionamento.
Co seu teléfono e o código QR atopamos fotografías de Xulio Verne, o Nautilus e Ardora.
Grazas peques de Sampaio por colaborar con nós!!
Etiquetas:
CEIP Eduardo Pondal,
Códigos QR,
PDI Ardora,
Proxecto colaborativo
xoves, 26 de novembro de 2015
Paul Klee
Paul Klee, O peixe dourado, Kunsthalle, Hamburgo, 1925
Paul Klee, Peixe máxico, Philadelphia Museum of Art, 1925
paul klee animation from Judith Cornejo on Vimeo.
Paul Klee, Peixe máxico, Philadelphia Museum of Art, 1925
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




































