Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de febreiro de 2022

O día da paz: a reciclaxe e o medio ambiente

 Este ano celebramos o Día da Paz no contexto do noso PDI: cuidar o medio ambiente e reciclar. 


De feito: hai pouco comezamos a reciclar pilas con Pilabot... E que mellor excusa para continuar cuidando do noso planeta: celebrar o día da paz e cuidar do noso planeta!

Iso é o que queríamos traballar con os murais que fixemos este ano para celebrar o Día da Paz. Vos deixamos imaxes dos mesmos:
































mércores, 3 de febreiro de 2021

Día da Paz - A misión extraterrestre de Memi

 O luns celebramos o Día da Paz. Este ano o libro de Ledicia Costas sobre as aventuras extraterrestres de Memi nos permitou pensar sobre o que nos fai estar ben con nós mesmos, con nós mesmas, e cós demais... Alén de ler o libro acabamos por facer un mural coas estrelas que aportaron todas as nenas e todos os nenos do cole...






























martes, 5 de febreiro de 2019

Xóvenes para xóvenes

Coincidindo coa celebración do Día da Paz, no mes de xaneiro a A Fundación Helsinki, que traballa desde 1992 polo respecto e a defensa dos Dereitos Humanos, en colaboración coa Universidade de Vigo, desenvolveu un programa de formación "Xóvenes para Xóvenes" na nosa escola.





Os temas que trataron, escollidos polas titoras de cada curso, concretáronse nos seguintes:

  • Que son os Dereitos Humanos.
  • Integración. Non discriminación por raza, o país de orixe. Igualdade na diversidade.
  • Resolución pacífica de conflitos: empatía.
  • Obxectivos de desenvolvemento sostible a través da arte.
 En 1º e 2º de primaria impartiron o obradoiro Aida, diplomada graduada en educación primaria e Emilio, musicólogo.




As encargadas de impartir o obradoiro en 3º, 4º e 5º de primaria foron Teresa e Yara, graduada en Filoloxía Galega e estudantes do Master de profesorado.



Cristina, estudante de Química e Belén, graduada en Relacións Internacionais levaron a cabo as sesións co alumnado de 6º de Primaria






Xovenes para Xónvenes- by Slidely Slideshow


Moitas grazas xóvenes pola vosa colaboracíón 
e parabéns polo traballo

luns, 12 de febreiro de 2018

Botella da calma

Con motivo do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, o alumnado de 4º de primaria creou unha presentación para ensinarnos como elaborar unha botella da calma.





Todas e todos somos únicos

Wonder.Todos somos únicos  de R.J.Palacio foi o libro que no mes de xaneiro lemos en todas as aulas do cole. Este libro, xunto con La lección de August que o alumnado de 5º e 6º xa coñecen porque o leron na hora de lectura,



serviunos de inspiración para crear noso libro: "Todas e todos somos únicos" que enviamos aos coles amigos no Día Escolar da Paz e a Non Violencia.








Tamén, aproveitamos a ocasión para sacar dos andeis os libros que nos axudan a coñecernos un pouco mellor e a aceptar ao demais tal como son. Fixemos unha exposición para que ademais quen quixera, os lera libremente na hora de lectura.



Na aula de inglés fixemos unha lectura colectiva do libro en versión orixinal We´re all wonders. Despois creamos un mural co lema We´re all Wonders in the English classroom e wonder-cards de cada nena e neno resaltando algo extraordinario doutro compañeiro ou compañeira.





Grazas ao CEIP Eduardo Pondal 
e ao CEIP Carballal-Cabral polos seu agasallos!





Todas e todos somos únicos by Slidely Slideshow

luns, 6 de febreiro de 2017

QUÉROTE MÁIS

Na semana da Paz e a Convivencia Escolar sacamos dos andeis da biblioteca  os libros que tiñamos que falan da paz, da convivencia, do respecto, dos valores, das emociónssentimientos; libros para coñecérmonos mellor e para collecer mellor e respectar as personas que nos rodean...Todos eles foron para a cociña e durante estes días démoslles un pouco máis de uso. 


Nuns días estarán de novo nos andeis da biblioteca, para que sigades coñecéndoos un pouco máis...




QUÉROTE MÁIS by Slidely Slideshow


Tamén quixemos descubrir sensacións e mensaxes   agochadas nos botes da nosa cociña. Mensaxes de paz para as compañeirascompañeros que cada aula escribiu nun papeliño e agochou no seu bote. Uns botes de cociña con ingredientes que, ao tocalos,  facíannos sentir diferentes sensacións...


xoves, 2 de febreiro de 2017

COCIÑANDO CONTOS PARA A PAZ


Nas actividades para o Día da Paz os axudantes de biblioteca foron uns contacontos excepcionais. 



Iria e Mar elixiron Cuando tengo miedo e Cuando soy amable. 





Mencía e Andrés decantáronse por Está bien ser diferente
¿Somos amigos? 






E Sergio, Juan e Elías escolleron Sin agua y sin pan e La gran fábrica de las palabras.







GRAZAS AXUDANTES

FIXESTES UN TRABALLO ESTUPENDO!!









luns, 30 de xaneiro de 2017

LA PEQUEÑA CARLOTA

La pequeña Carlota é un conto que a ilustradora alemá Annegert Fuchshuber escribiu para  ACNUR  .



 "Acompaña a Carlota en su viaje y descubre lo complicado que le resulta, en muchas ocasiones, recibir la ayuda que necesita. ¿Cómo la ayudarías tú?"

Acnur-La pequeña Carlota from SusanaG on Vimeo.

 Fontes: https://eacnur.org/es/como-ayudar/participacion-solidaria/recursos-educativos/unidad-didactica- para-primaria-la-pequena
            http://www.afiestradamestra.gal/2017/01/proxecto-nos-pes-dos-refuxiados-partir.html?m=1

                 http://tiempodeactuar.es/blog/la-pequena-carlota/

martes, 26 de xaneiro de 2016

Museo da paz

Durante esta semana estamos visitando o noso
 Museo da Paz.

























O alumnado de 3º tamén expuso o seu traballo sobre Malala  e o compartiu con nós.












Infografía. Siete frases. Malala:
















E Sofía lle conta as compañeiras quen é Rigoberta Menchú.




Poemas da paz

As nenas e nenos de 3º de Primaria creamos, ilustramos e recitaron poemas para conmemorar o Día da Paz. Desexamos que vos gusten porque como di Fátima no seu poema "El día de la paz es más de lo que pensáis".



 

luns, 25 de xaneiro de 2016

Un poema de bicos

Presentámosvos un Poema de bicos do poeta Antonio García Teijeiro recitado polas nenas e nenos de Educación Infantil para celebrar o Día da Paz.



Hecho con Padlet

A LECTURA UNHA CHAVE DE FUTURO

A LECTURA UNHA CHAVE DE FUTURO
Recomendacións para a lectura en familia

Pictocuentos

Pictocuentos
Contos con pictogramas

O TRADUTOR

PRENSA