Hoxe estivo na nosa biblioteca o autor do conto "A alcaldesa vermella"... O alumnado de 1º e 2º de EP escoitou ao autor do libro que leron nas últimas semanas nas aulas... Fixeronlle preguntas... Falaron do conto... E, por suposto, levaron o seu libro firmado por O Hemato!
Amosando publicacións coa etiqueta Visita autores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visita autores b>. Amosar todas as publicacións
luns, 7 de marzo de 2022
xoves, 8 de xuño de 2017
ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ
O pasado lunes estivo na escola Iago López, o autor do conto O cociñeiro Martiño
E pasámolo realmente xenial...
xoves, 18 de maio de 2017
RECOMENDACIÓN LECTORA: ESMERALDINA E ESCARLATINA
Mañá visitará a nosa escola Ledicia Costas para falarnos de Esmeraldina a pequena defunta e de Escarlatina, a cociñiera defunta, dos libros fantásticos merecedores de numerosos recoñecementos e galardóns como o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil 2015 ou a inclusión na prestixiosa listaxe de Honra do IBBY en 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil.
Ledicia Costas e Víctor Rivas forman un tándem perfecto,
como Mencia e Mar, de 6º de primaria, que nos fan a súa recomendación lectora conxunta.
E na biblioteca xa temos case todo listo...
domingo, 14 de maio de 2017
MARCOPOLA CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O pasado venres o comiqueiro Jacobo Fernández Serrano estivo na nosa biblioteca. Foi unha xornada fabulosa chea de aplausos espontáneos ao ver como nos debuxaba a Libro, a Dragoneta e a Blake the Tiger, personaxes de Marcopola.
Tamén tivemos a oportunidade de ver a portada orixinal de Avoa Power e outras ilustracións que realizou para libros como Mil cousas poden pasar ou como as que fixo para o libro de Manuel Rivas O raposo e a mestra.
Contounos ademais que a súa nai fora profesora do noso cole. Todo un luxo do que estamos moi agradecidas e agradecidos.
Grazas Jacobo pola túa visita!
Visita Jacobo Fernández Serrano Música A Gramola Gominola by Slidely Slideshow
Etiquetas:
Banda deseñada,
Biblioteca,
Jacobo Fernández Serrano,
Marcopola,
Visita autores
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







