Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2020

Os Fantásticos Libros Voadores Do Sr. Morris Lessmore


Hoxe Candeanina vos trae esta pelí que descubriu grazas ao blog doutro cole: o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao... Vos deixamos aquí o enlace a entrada de ese blog... Porque ademais de contarnos cousas moi bonitas deste filme, nos deixa outros enlaces para ver outras películas relacionadas con ela... Desfrutadeo moito!

( Se premedes na imaxe tamén vades a entrada do blog con máis información sobre a peli!)


luns, 30 de marzo de 2020

Galiza le, Candeanina le.

Estamos de noraboa: a Xunta ven de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.


En concreto, GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais. Toda a información premendo sobre as imaxes.






Se queredes botar  unha ollada ao catálogo para acabar de decidirvos premede sobre a imaxe!