Amosando publicacións coa etiqueta Presentación familias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Presentación familias b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 19 de setembro de 2019
venres, 28 de setembro de 2018
NESTA ESCOLA PINTAMOS TODOS E TODAS
Desde a biblioteca dámosvos a benvida ao curso 2018/2019, especialmente ás familias das nenas e nenos que se incorporaron este ano. O Proxecto de traballo que imos desenvolver ao
longo destes meses xirará ao redor do centro de interés da Arte.
A biblioteca será o mecenas que impulse a experimentación, a investigación, a creatividade e o pensamento crítico. Queremos converter a biblioteca nunha factoría de aprendizaxes onde crear e compartir o aprendido.
Nesta escola pintamos todas
e todos, polo que vos convidamos a que compartades con nós experiencias e
coñecementos.
Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e ver como se vai desenvolvendo o proxecto.
Para comezar esta aventura
precisamos que lles botedes unha man e que nos acheguedes a vosa creación de
Candeanina, que pode ser vista desde diferentes interpretacións artísticas:
picassiana, daliniana; de estilo cubista, realista, impresionista… Lembrade que
tedes de prazo ata o luns 16 de outubro!!
Por último, non vos
esquezades que a biblioteca estará aberta de luns a venres en horario de 16:00
a 17:00 horas.
Moitas grazas pola vosa colaboración e... “Mans á
obra”!
Etiquetas:
Comunidade educativa,
Fase motivación,
PDIMansáobra,
Presentación familias
xoves, 28 de setembro de 2017
3,2,1...DESPEGAMOS!
Desde a biblioteca dámosvos a benvida ao curso 2017/2018, especialmente ás familias das nenas e nenos que se incorporaron este ano.
Este curso temos unha misión: desenvolver un proxecto de traballo que terá como tema central O Universo. A biblioteca será o centro de control que axude a favorecer a observación, a consulta e a investigación para dar resposta aos diferentes interrogantes sobre o coñecemento do espazo e o coñecemento de nós mesmos.
Queremos crear unha nave de ideas á que estades convidados e convidadas. A biblioteca está aberta a que compartades con nós experiencias e coñecementos.


Se vos pasades por aquí poderedes atopar máis información e coñecer como se vai desenvolvendo o proxecto.
Para emprender esta viaxe precisamos que lles axudedes a decorar os debuxos que formarán parte do noso particular espacio e que RESOLVADES O ACERTIXO QUE VÉN AO REVERSO. Tedes de prazo ata o martes 10 de outubro!
Saúdos platurnianos desde a biblioteca!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


