Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de marzo de 2016

A volta ao mundo de Nellie Bly

Elizabeth Jane Cochran, xornalista que asinaba os seus artigos como Nellie Bly, foi a primeira persoa en facer realidade a aventura de Phileas Fogg, o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días"

Nellie Bly (1864-1922)

O 14 de novembro de 1889 partiu do peirao de Hoboken, en Estados Unidos, camiño a Europa. Tiña 25 anos cando iniciou a súa aventura soa, seguindo a ruta do protagonista da novela de Xulio Verne. 


Durante a travesía, recibiu unha carta de Xulio Verne e da súa muller, invitándoa a que os visitara. Nellie non o dubidou, e ao día seguinte de ler a petición da parella pasaba a tarde conversando con eles na casa que tiñan en Amiens, Francia.


Nellie Bly no so fixo realidade o record do personaxe literario, senón que foi máis rápida: conseguiu finalizar o traxecto en 72 días, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos.


Recolleu o seu periplo nun libro, no que narra a súa aventura, titulado "Volta ao mundo en 72 días".




Outra muller, Elizabeth Bisland, facía o mesmo recorrido pero en sentido inverso. Ela necesitou catro días máis para finalizar o traxecto.

Para saber máis:



luns, 16 de marzo de 2015

Mulleres ilustres e mulleres importantes

Despois de traballar nas aulas a vida de mulleres ilustres ao longo da historia e da busca de información para a conmemoración do 8 de marzo fixemos un mural.




Deixámosvos unha pequena mostra dos retratos que o alumnado fixestes xunto coas vosas anotacións.




Ademais das mulleres ilustres elexistes as mulleres importantes na vosa vida e aquí tedes algunhas.




xoves, 5 de marzo de 2015

8 de marzo: Día da muller

Con esta presentación invitámosvos a que reflexionedes sobre por que é necesario un "Día da muller".





Mulleres importantes na historia hai moitas, aquí tedes máis exemplos.





Un album de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia

http://www.culturagalega.org/album/





Atrevédevos a xogar con este Lim de Mulleres que fixeron historia?


Lim de Belén Junquera


Se picas na ilustración de Leandro Lamas poderes atopar máis biografías de mulleres destacadas.



Leandro Lamas


Coñeces a Clara Campo Amor? Non, pois pica na imaxe. 



lim de Nela Abela

Con este lim de Nela Abela poderedes coñecer un pouco máis sobre o papel da mullere no ámbito científico.





Para saber máis e por preguntar que non quede...



E recursos Día da muller elaborados pola mestra Mª Asunción García Álvarez 

https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/


Aprendendo a cambiar o conto é unha experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño . 


Aprendendo a cambiar o conto from alterei on Vimeo.

 Contos que falan de igualdade












E como un pouco de música e ritmo sempre veñen ben, dixámosvos con Superlola, a superheroína que máis mola!!