Amosando publicacións coa etiqueta Mascota. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mascota. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de abril de 2018

Mensaxe desde Platurno

Como xa sabedes, a recuperación de Candeanina foi máis lenta do que esperaba. Tralo seu ingreso no hospital viaxou ao planeta Platurno para visitar á familia e recuperar forzas. Hoxe, despois de tanto tempo sen saber dela, recibimos unha mensaxe...

mércores, 15 de marzo de 2017

CANDEANINA NO HOSPITAL

A nosa querida Candeanina está ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro. Non é nada grave, polo menos, do que nos teñamos que preocupar. Dinos que dentro de pouco xa estará no cole con nós e que coidemos da biblioteca mentres ela non está.


Quen nos preocupa un pouco é Agarimón, o gato máis traste e simpático do mundo e fiel compañeiro de Candeanina, que desde que non está ela anda un pouco triste.




Mentres preparamos a benvida de Candeanina temos que facerlle compañía e visitar a biblioteca para que non se sinta tan só.