Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Latexos

Onte visitamos a exposición "Latexos na Colección de Arte Afundación" na Sede Afundación Vigo .


No percorrido descubrimos arte galega de diferentes épocas e estilos.





Latexos femininos

Maruja Mallo


Berta Cáccamo



Latexo estilístico 

Nano 4814



E moito mais, ata rematar co obradoiro
 "Operación tormenta de pintura".





Visita expo Latexos by Slidely Slideshow

mércores, 19 de decembro de 2018

Exposición dedicada a Candeanina

Cando comezamos o PDI Mans á obra, queríamos que as familias estivésedes con nós desde o primeiro momento, porque como sabedes, nesta escola pintamos todas e todos. Por esa razón, propuxemos que en familia, nos achegárades a vosa visión de Candeanina.





E, como non podía ser doutro xeito, chegaron unha chea de obras de arte inspiradas en Candeanina.




Así que nos puxemos mans á obra e coa colaboración do alumnado axudante de biblioteca comezamos a organizar a exposición Candeanina, a nosa musa.

Precisabamos etiquetar os cadros, darlle título e nomear a técnica. Axudamos na tarefa ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria.




O alumnado de educación infantil encargouse de realizar o cartel para a expo.


Despois, dunha pequena investigación sobre a diferencia entre un museo e unha galería de arte; exposición permanente e temporal; cartelería e información que a acompaña... fixemos  

 o díptico




a invitación ás familias



e montamos a exposición


Botounos unha man Jose Luís, o conserxe
grazas!







Grazas tamén ás familias por colaborar con nós
 e ser parte deste proxecto!

E inauguramos cos máis pequenos e pequenas do cole...






luns, 19 de xuño de 2017

FEIRA GASTRONÓMICA 2017

O pasado martes celebramos o final do noso PDI Oído Cociña cunha feira gastronómica á que estuvieron convidadas as familias. O alumnado tivo a oportunidade de expoñer o que aprendeu, de convidar á degustación das súas receitas e as máis atrevidas e atrevidos de cociñar en directo.





Os pinchos de Pepe



O alumnado de 4º de educación infantil, que traballou a pirámide dos alimentos durante o curso, agasallounos cuns deliciosos canapés de xamón e queixo elaborados por eles. 


2016 Ano Internacional dos Legumes





O Ano Internacional dos Legumes foi un dos proxectos traballados polo alumnado de 5º e 6º de educación infantil este curso. Para a feira elaboraron hummus, unha ensalada con fabas da nosa Horta, e fabas con xamón que cociñaron momento!





A compota sen pota


O alumnado de 1º e 2º de primaria rematou a  seu traballo de investigación sobre a mazá coa elaboración dunha compota.




A volta ao mundo en receitas




Despois de traballar ao longo do curso diferentes receitas do mundo, o alumnado de 3º e 4º de primaria decidiu elaborar guacamole para a ocasión. 




Aceites con aromáticas da horta, sal de cítricos e sal de herbas provenzais , vichyssoise e chícharos con xamón



Todo isto é o que preparou o alumnado de 5º e 6º de primaria. Utilizaron produtos da nosa horta: romeu, ourego, tomiño, albácega, allo, loureiro, tomate e limón. Os chícharos, tamén da horta, os cociñaron con xamón no momento.


Moitas grazas familias,
 por formar parte do noso proxecto!

Aquí podedes ver un pouco máis como foi a feira gastronómica.




FEIRA GASTRONÓMICA by Slidely Slideshow

luns, 3 de abril de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil que foi onte 2 de abril, o alumnado de 4º de primaria expuso o seu traballo de investigación sobre a vida e obra de Hans Christian Andersen.






Podedes ver a súa presentación aquí.





mércores, 22 de xuño de 2016

PDI ARDORA

O alumnado de 3º de primaria preséntannos un resumo de todo o foron traballando ao longo do curso.




Parabéns rapazas e rapaces, fixestes un gran traballo!!