Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de decembro de 2017

UN UNIVERSO DE LIBROS PARA O NADAL

Candeanina, como todos os anos por estas datas, achéganos as recomendacións lectoras para este Nadal.



Unha pequena guía de lecturas con contos, poesía, banda deseñada, música... E, que mellor momento que estas datas para pedir como agasallo un libro.





Leer más publicaciones en Calaméo

Lembrade que podedes visitar as bibliotecas municipais que seguirán abertas no Nadal!  



biblioteca pública de Tianjin (China)

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes atopar máis recomendacións.

xoves, 17 de decembro de 2015

Candeanina recomenda libros polo Nadal

Candeanina como todos os anos por estas datas achéganos as recomendacións lectoras para este Nadal.

Leer más publicaciones en Calaméo

Ademais destas recomendacións, ao longo dos seguintes trimestres nas aulas levaremos a cabo obradoiros de lectura cos seguintes libros

As nenas e nenos de infantil e 1º de primaria lerán coas profes e en familia O valente coello que quixo soñar de Miguel Angel Alonso Diz e Luz Beloso editado por Nova Galicia Edicións.




Nas aulas de 2º e 3º leremos Cama e conto de Gonzalo Moure, editado por Xerais.




O libro elixido para 4º e 5º de primaria é Unha casiña branca de Marcos Calveiro editado por Xerais.





En 6º de primaria lerán Nena e o mar de Erica Esmorís da editorial Xerais.





Contaremos coa visita dalgúns dos autores na biblioteca para que gocedes da experiencia de compartir con eles xogos, opinións, experiencias, etc. e por que non, a oportunidade de engadir á vosa biblioteca un libro asinado polo seu autor.

Así que, aproveitade este Nadal para pedir como agasallo un libro. 
Felices lecturas de Nadal