Amosando publicacións coa etiqueta Acertixos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acertixos. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de decembro de 2014

O problema da semana

 A semana pasada Andrés e Iago de 3º déronnos a solución ao problema: A ra sube 1 metro cada día e polo tanto lévalle 30 días subir.
                          Parabéns rapaces!!
 

E este é o acertixo desta semana...



De 7 parrulos 
metidos nun caixón,
cantos peteiros e patas
hai no caixón?

mércores, 26 de novembro de 2014

Temos un problema que resolver!!

Neste cole todos os mércores temos problemas e esperamos que nos axudedes a resolvelos. Están no primeiro andar xunto a Candeanina que espera por vós para que lle botedes unha man



Animádevos a participar e se sabedes a solución non dubidedes en dicírllelo a vosa profe!!