Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2020

Candeanina le o cómic "Carriandola"

Estamos no mes de abril: o mes do libro... E xa sabedes que algúns dos tipos de libros favoritos de Candeanina son os cómics...

De feito, estes días, anda lendo o último cómic pubicado por Aira Editorial, Carriandola, un cómic pensado para todos os públicos, obra de Aloysius e Simón Blanco, que narra as aventuras dunha heroína moi especial: a nena Mariña. Podedes acceder ao comic nun enlace da seguinte páxina, premede aquí. Ou sobre a imaxe:



Alen disto, a mesma editorial ten na súa páxina web unha unidade didáctica para continuar aprendendo a partir da lectura do libro... A podedes encontrar aquí ou premendo sobre a imaxe:




luns, 23 de xaneiro de 2017

LA COCINA DE NANETA

Entre as novidades deste curso temos  La cocina de Naneta, un delicioso e divertido libro de receitas ilustradas, publicado pola editorial Dibbuks. O autor deste entrañable tebeo é o ilustrador francés coñecido polo seudónimo de Nob.

                          "Cocinar no es difícil… un puñado de amor, unas gotas de ternura. 
                              Sazona con risa y buen humor, ¡el secreto de la felicidad!"

Ademais de receitas, o libro está cheo de  consellos e de pequenas aventuras que lle ocorren a  Naneta, a súa neta Lola, á pandilla de amigas e a Max, o fillo dunha amiga ao que coida de cando  en vez. 




Un libro que podedes ler en familia e por que non...elaborar algunha das receitas que nos propón. 
                                      
                                     Animádevos!

Para as que queirades coñecer un pouco máis a esta adorable avoíña, tamén temos as aventuras de cando ela era pequena.