Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de decembro de 2014

As matemáticas na biblioteca

As matemáticas volveron subir á biblioteca, e alí estiveron dúas semanas 






durante as cales xogamos, construímos, calculamos, razonamos, exploramos...



E non esquezades que todo o material está a vosa disposición para que sigades xogando e aprendendo coas matemáticas!!





As matemáticas na bibioteca by Slidely Slideshow

mércores, 3 de decembro de 2014

O problema da semana

 A semana pasada Andrés e Iago de 3º déronnos a solución ao problema: A ra sube 1 metro cada día e polo tanto lévalle 30 días subir.
                          Parabéns rapaces!!
 

E este é o acertixo desta semana...



De 7 parrulos 
metidos nun caixón,
cantos peteiros e patas
hai no caixón?

mércores, 26 de novembro de 2014

Temos un problema que resolver!!

Neste cole todos os mércores temos problemas e esperamos que nos axudedes a resolvelos. Están no primeiro andar xunto a Candeanina que espera por vós para que lle botedes unha man



Animádevos a participar e se sabedes a solución non dubidedes en dicírllelo a vosa profe!!


domingo, 26 de outubro de 2014

As matemáticas suben á biblioteca

O 24 de outubro, Día da Biblioteca, as matemáticas subiron a nosa biblioteca para celebrar este día!!


Polo camiño atopámonos cun mural cheo de números feitos por todos os nenos e nenas do cole.


E dentro xa nos estaba a esperar Candeanina para facer entrega das mochilas viaxeiras para este curso









Tamén tivemos a oportunidade de botarlle un ollo aos libros que temos na biblio relacionados coas matemáticas 


e a ver a película de "Donald en el país de las matemáticas".


E para rematar tivemos un "photocall" da campaña Gústame...o galego!



Se queredes saber máis de como foi este día non vos perdades esta presentación.





Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 21 de outubro de 2014

Martín Gardner

Hoxe cúmprese o centenario do nacemento de Martín Gardner (1914-2010), divulgador científico e filósofo moi popular polos seus libros de matemática recreativa.

“Os científicos e os que escriben sobre ciencia teñen a obriga de denunciar os erros da falsa ciencia, sobre todo no campo da mediciña” 

 

 Colaborador da revista Scientific American entre 1957 e 1989 fixo que as matemáticas foran moito máis atractivas para milleiros de persoas grazas a súa sección sobre xogos matemáticos.
Ten máis de 70 libros publicados, a maioría de  divulgación científica e matemáticas pero tamén escribiu sobre filosofía e pseudociencia debido a súa preocupación por esclarecer fraudes en relación coa ciencia.

                                     martin-gardner.org    

No seguinte arquivo atoparás exercicios que te permitirán desenvolver o teu pensamento matemático. Adiante!!



xoves, 9 de outubro de 2014

Biblioteca escolar...matemático!!!

Biblioteca escolar matemático é o lema da campaña das bibliotecas escolares galegas deste ano. Polo cole xa andan algúns destes carteis... a ver quen é o primeiro en atopalos!!!


O autor do póster é David Pintor un artista galego recoñecido internacionalmente que expuso o seu traballo en galerías de todo o mundo. Conta no seu blogue, que a obra é unha pequena homenaxe ao debuxante e matemático M.C. Escher e que ten varios detalles a descubrir.



Unha curiosidade, nunha rúa de Oporto hai un mural de David, que como vedes parece que ao seu personaxe tamén lle gusta ler.