Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2018. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de maio de 2018

Contacontos co IES Carlos Casares

Como xa vén sendo costume, na biblioteca  celebramos as Letras Galegas co alumnado da ESO do IES Carlos Casares. Estes formidables contacontos achegáronnos a obra de María Victoria Moreno da mellor forma posible: con música, teatro, xogos, creatividade e ilusión. Este ano
 ademais, cunha produción propia A fada e o dragón.

O alumnado de infantil puido gozar coa representación de Un cachiño de bica, Mar adiante, O Cataventos e Xa non teño medo. Tamén representaron O pergamiño Vindel de produción propia.







Despois de contarnos Leonardo e os fontaneiros ofrecéronnos xogar con eles a catro xogos creados a partir do libro: A catro patas coma Lenardo, A cidade de Antón e Leonardo, Tres bos e tres malos.



Moitos parabéns as rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares e as profesoras Bea e Almudena que fixeron posible este gran traballo!



Letras Galegas 2018 by Slidely Slideshow

martes, 29 de maio de 2018

Iago López, eu conto, ti cantas

Iago López viu á escola a semana pasada para contarnos Eu conto, ti cantas... de María Victoria Moreno.




 As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria xa coñecían as historias e os seus personaxes porque o traballoron na aula




pero poder escoitados na voz Iago foi moito mellor,
 foi estupendo!



Se che gustou o conto
ben cho agradezo.
Quero mandarche un bico
máis un consello:

     fai como Iván
     busca o amor nos ollos
     doces dun can.