Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de abril de 2022

Algunhas das novidades da nosa biblioteca!

 Espazo máis largo con cores brancas: aproveitamento da luz natural e puntos indirectos de luz artificial; uso de alfombras con coxíns.



 

Sección de libros "Em português"







Cartaz na entrada da Biblioteca: protocolo de uso con pictogramas; horario de quendas; información relevante.














Rincóns de lectura en todo o espazo escolar: andar de E. Infantil + 1º andar (1º, 2º EP) + 2º andar (4º, 5º, 6º EP)




















martes, 30 de xaneiro de 2018

LÚA, LÚA, LÚA, SOL

Do berce á lúa de Antonio Rubio e Óscar Villán e unha colección de libros para os máis pequenos e pequenas do cole. 

 LÚA encantounos!


Tanto que os nenos e nenas de 4º de infantil 
xa o len así de rápido e así de ben!


luns, 15 de xaneiro de 2018

Novidades: Cincenta e Brancaneves

Entre as novidades da biblioteca deste curso temos dous contos clásicos nunha vesión diferente e chea de humor.





 

mércores, 3 de maio de 2017

DEVORA LIBROS

No meses de maio e xuño, os martes e xoves, as novidades saen ao patio para que as devoredes e gocedes con elas os días de bo tempo.


Candeanina enviounos unha carta, que os axudantes de biblioteca achegaron ás aulas, coa noticia e algúns consellos para que coidemos ben os libros.


Ademais, teremos a visita de Ledicia Costas, Jacobo Fernández e Iago López.


 

xoves, 2 de marzo de 2017

MAÍS COR PARA A BIBLIOTECA

Temos máis novidades!!




E como podedes ver, desta vez non son libros...


martes, 14 de febreiro de 2017

NOVAS LECTURAS PARA A BIBLIOTECA

O alumnado de 6º, axudantes de biblioteca, a semana pasada levaron ás aulas as últimas novidades.






Esta semana continúan polas aulas, para que na hora de lectura sigades alimentándovos dos libros.





luns, 23 de xaneiro de 2017

LA COCINA DE NANETA

Entre as novidades deste curso temos  La cocina de Naneta, un delicioso e divertido libro de receitas ilustradas, publicado pola editorial Dibbuks. O autor deste entrañable tebeo é o ilustrador francés coñecido polo seudónimo de Nob.

                          "Cocinar no es difícil… un puñado de amor, unas gotas de ternura. 
                              Sazona con risa y buen humor, ¡el secreto de la felicidad!"

Ademais de receitas, o libro está cheo de  consellos e de pequenas aventuras que lle ocorren a  Naneta, a súa neta Lola, á pandilla de amigas e a Max, o fillo dunha amiga ao que coida de cando  en vez. 




Un libro que podedes ler en familia e por que non...elaborar algunha das receitas que nos propón. 
                                      
                                     Animádevos!

Para as que queirades coñecer un pouco máis a esta adorable avoíña, tamén temos as aventuras de cando ela era pequena.







martes, 17 de xaneiro de 2017

Marilar Aleixandre

Nas novidades deste ano temos o libro Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre, escritora e bióloga que o pasado 14 de xaneiro ingresou na Real Academia Galega ocupando a cadeira de Xosé Neira Vilas. O acto de celebración tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela onde é profesora e investigadora.

 


Na biblioteca temos máis libros da autora.

Para as que non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para achegarvos á biblioteca e coñecer a súa obra.


domingo, 3 de abril de 2016

MÁIS NOVIDADES!!


Esta semana máis novidades.O alumnado axudante da biblioteca pasará polas aulas para que poidades ver, tocar, ler, ulir... as últimas novidades.










xoves, 10 de marzo de 2016

Barxilón no mar de latón

Outra das novidades que vos queremos presentar é Barxilón no mar do latón, un conto creado e elaborado polo alumnado do IES As Barxas de Moaña en colaboración con outros catro centros. 



Este álbum ilustrado é o resultado do proxecto Porque un libro é unha obra de arte




Picando na imaxe podedes facer un puzzle cunha das ilustracións do libro.









xoves, 3 de marzo de 2016

O PEIXE QUE SORRÍA

As últimas novidades da biblioteca xa andan nun carriño polas aulas para que podades coñecer en primeira man o libros que mercamos nos últimos días.




Entre eles está El pez que sonreía, un libro ilustrado de Jimmy Liao que relata a historia dun home e o seu peixe; pero mellor que pasedes pola biblioteca e o descubrades vós mesmos.

A adaptación do libro en debuxos animados obtivo no ano 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de Animación no Festival Internacional de Berlín.