Amosando publicacións coa etiqueta PDI Mens sana in corpore sano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Mens sana in corpore sano. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2020

Exercicios de atención e relaxación nº3: Origamis



Candeanina xa fixo mandalas, xa fixo sudokus... E agora propúsoxe facer papiroflexia: paxaros, animais ou cousas de papel e con papel... O que tamén se coñece como origamis!

Tivo a idea a partir desta nova no Faro de Vigo que dicía: "Dobrar papeis para non pensar no coronavirus"!

Deixamosvos algunhas páxinas webs por se queredes ver modelos e tutoriais para facer os vosos propios origamis: e só clickar sobre os links e xa vos levan as páxinas!






Antes de terminar deixamos unha noticia do "Jornal Público" que aínda que está en portugués tambén trae moita información e enlaces sobre o origami:



martes, 28 de abril de 2020

Exercicios de atención nº2: Sudokus

Moi concentrada e atenta temos visto a Candeanina estos días na súa casa: ze cais debese a que como ten moito tempo anda a facer moitos Sudokus... Vos deixamos enlaces con páxinas con Sudokus por se queredes mellorar na atención, concentración, no uso dos números...

  • Sudokus de Orientación Andújar (Premer sobre as imaxes para acceder aos contidos)

Sudokus nivel fácil



Sudokus nivel intermedio (De cores, formas e números)



Sudokus para traballar a motricidade e a atención (De cortar e pegar)



Sudokus infantís para traballar as emocións




  • Sudokus Máxicos para traballar a atención de "Imágenes Educativas"








luns, 27 de abril de 2020

Exercicios de atención e relaxación nº1: Colorear mandalas




Candeanina, nestes últimos días, andivo a pintar Mandalas... E gustáronlle muito: foi unha actividade que lle axudou a concentrarse e a relaxarse cando estaba más cansa ou máis nerviosa... Vos deixamos algúns enlaces por se quereres usar mandalas para corar!








xoves, 23 de abril de 2020

23 de abril: Festa do Día do Libro. Recomendación de libros, a relaxación, a respiración, o ioga e o "Saúdo ao sol" e moitas máis cousas para pasalo xenial!



Hoxe é o día do libro... Que mellor ocasión ocasión para continuar pondo en práctica algúns lemas do noso curso 2019/2020: seguimos na procura da felicidade!

Despois de ver este vídeo Candeanina o ten decidio: de querer seguir practicando niso que vimos a dicir de "Mens sana in corpore sano" ten de facer algo de ioga...

Gracias a familia de Lucas e de Sofía por compartir este vídeo con nós e mostranos este "saúdo ao sol" tan cargado de enerxías positivas... Qué mellor forma de empezar o noso día do libro! Moitas grazas a Lucas e a Sofía, e a súa familia, por un vídeo tan xenial!







Deixámosvos tamén un enlace sobre ioga para nenos e para nenas: por se alguén se anima!








E máis información sobre o ioga e a súa historia para ler nese libro dixital inmeso chamado Galipedia:




Para seguir coa celebración do noso día do libro queremos deixarvos un saúdo, unhas palabras dende a súa casa e unhas recomendacións lectoras de alguén que coñecedes todas e todos moi ben...










Este é un dos libros dos que nos fala: Respira: podedes ler un fragmento, dispoñible na páxina da propia editorial premendo sobre a imaxe!




Deixámosvos tamén un pequeno vídeo sobre o libro:



A continuación deixamos un link para a editorial y para un vídeo conto doutro dos libros dos que nos fala a profe Cris: "La rabieta de Julieta"!







  Deixamos tamén por aqui o último vídeo que nos recomenda a nosa profe Cris:


Antes de terminar aínda nos queda a última pequena sorpresa de hoxe... Outra profe contanos un pequeno conto, ben bonitiño, para recomendarnos outros contos...




Antes de terminar queremos deixar este vídeo coa adaptación do "Monstro das cores", un dos contos dos que nos fala Goreti, e o coronavirus... As emocións son, hoxe, aínda máis importantes que nunca!








 Se alguén se anima a facer algún outro vídeo dende a súa casa con algún momento que teña que ver co proxecto educativo deste ano ("Mens sana in copore sano") ou calquer persoa da comunidade educativa (alumnado, familias, profes...) quere enviarnos as súas suxestións lectoras a través dunha grabación de vídeo o podería compartir a través do noso correo: candeaninalibroteca@gmail.com  





mércores, 22 de abril de 2020

22 de abril. Día da Terra: a natureza e os paxaros

(Máis información sobre o día da Terra aquí ou pulsando sobre a imaxe)


Moi bos días a todo o mundo... Hoxe, 22 de abril, é o día da Terra, e Candeanina andivo pensando que se o lema do noso curso é "Mens sana in corpore sano", ben precisamos de cuidar a natureza para conseguilo. Por iso pareceulle moi boa idea celebrar este día: o día da Terra!


Este vídeo esta feito por ADEGA, unha asociación ecoloxista de Galicia...  Que ten unha páxina web propia en galego para facer as nosas estancias en casa máis ecolóxicas... 





E para coidar o noso planeta tamén podemos ler... A primeira recomendación lectora que facemos: por se alguén ten este libro en casa, ou o quere mercar cando termine o confinamento... Ou usar cando podamos voltar a Candeanina Libroteca do cole...


Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volcáns en erupción, as mareas que fan desaparecer a auga, como flúen os ríos... e moito máis.



Y cómo podemos acercarnos un pouco a natureza desde as nosas casas? As veces a natureza está máis próxima do que pensamos... Unha boa opción é pararnos cunha serie de animais que podemos observar todos os días desde as varandas das nosas casas: os paxaros... Vos deixamos o link desta noticia: todo o que podemos aprender lendo os xornais! 

(Recordade: para navegar por Internet e ollar os xornais facedeo acompañados ou acompañadas por unha persoa adulta da vosa familia)



Tamén vos deixamos o enlace a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO)... Na súa páxina web podemos encontrar cousas como estas...

  • Vídeo sobre as aves nos nosos barrios





Outra opción para seguir aprendendo sobre a natureza, a nosa Terra e os paxaros pode ser acudir aos museos sobre a natureza virtuais.. Deixamos aquí un enlace ao "Museo del Ter"... Que teñen un especial sobre as aves de río... Está xenial! (Pulsades sobre a imaxe para acceder a él!)



E que mellor que celebrar a Terra, a natureza, os animais que facendo debuxos dos propios paxaros: aquí vos queda unha páxina para acudir a ela se queredes debuxar paxaros:


Antes de terminar queremos recomendarvos outro libro: e este si que podedes lelo en Internete e desfrutalo estes días... Gracias a Editorial Pintar Pintar por compartir estes contidos para estes días que temos de ficar en casa...



Xa que terminamos cun libro recordarvos que mañá, 23 de abril, é o día do libro... E estamos preparando unha entrada moi especial neste blog para celebralo... Xa sabedes: mañán Candeanina esperavos aquí para festexar o dia do libro!


















martes, 21 de abril de 2020

A Editorial Palabras Aladas regálanos o libro "Amar"

Seguramente a maioría de vós xa sabe que o xoves día 23 de abril é o día do libro... Esta é a semana do libro...

E falando de libros e emocións, unha das ideas centrais do noso proxecto deste ano, Candeanina, hoxe, quere recomendarvos o libro "Amar" da editorial  Palabras Aladas.

Se vos parece, lede, primeiro, esta recomendación que nos fan as persoas que fixeron e editaron o libro:

"Lo ideal es leer sólo una página cada vez que os juntéis a compartirlo, porque lo más valioso de este libro no es su contenido, sino lo que ocurre tras cerrarlo: las conversaciones que afloran. En ellas, de manera natural, se comparten experiencias vinculadas al concepto leído, surgen ideas para mejorar la convivencia…"

Recordade, tamén, como sempre vos di Candeanina: ollar e ver os libros por Internet acompañados polos vosos pais, nais ou familiares cos que estedes convivindo nas vosas cosas... De feito, xa sabes, Candenina queda en casa, nós quedamos en casa, mais todos e todas seguimos lendo!

Dende aquí podedes acceder ao lugar onde se descarga o libro... Ou se preferides pulsar sobre a imaxe da capa do libro...


(Idades recomendadas: de 6 a 99 anos)

Alen desta marabilla de libro a Editorial Palabras Amadas tamén ven de subir a súa páxina unha serie de actividades para desfrutar, se cabe, todavía máis do libro... Podedes acceder aos links na seguinte páxina! Ou directamente acceder desde estes enlaces:





mércores, 15 de abril de 2020

A procura da felicidade: "Mens sana in corpore sano en casa"!





Hoxe Candeanina está especialmente alegre: ven de ver o vídeo con fotos de moitos de vós nas vosas casas practicando un dos lemas do noso curso: e nunca mellor dito: "mens sana in corpore sano"! Xa que temos que continuar ficando en casa que mellor que pasar un bo momento vendo as nosas amigas e aos nosos amigos neste vídeo, desfrutádeo moito:







Moitas grazas a todas e a todos por participar!

martes, 14 de abril de 2020

Os heroes e as heroínas de Candeanina son...

Moi bos días a todos, a todas... Candeanina continúa na súa casa: convencida de que todo acabará por sair ben...  Hoxe quere traervos un libro que lle gustou moito.

Antes de pasar xa ao libro unha pequena nota que fan na introducción as persoas que fixeron este libro:

"Meu heroe eres ti debe ser lido por un pai, unha nai, un familiar ou unha persoa de referencia con un neno ou unha nena pequenas. Non é recomendábel que os nenos ou as nenas lean este libro de forma independente sen o apoio de algún familiar ou persoa de referencia".

Candeanina xa vos deixa o link do libro... Podedes premer aquí ou sobre a imaxe para acceder a el...

Pulsando sobre esta liña podedes acceder a páxina da organización que edita o libro!





Todavía non coñecemos unha edición en galego do libro: mais se alguen quere hai edición en portugués, que é ben parecido ao galego! Deixamos aquí o link do libro en portugués por se alguen se anima a lelo!

venres, 3 de abril de 2020

Candeanina recorda: podedes enviarlle unha foto desde as vosas casas!


O día de hoxe Candeanina quere voltar a recordar que, a pesar de ter que estar quedando na casa, este curso 2019/2020 no CEIP Igrexa Candeán todavía podemos andar á procura da felicidade e o noso PDI "Mens sana in corpore sano" pode axudarnos!



Un curso máis, por tanto, que vos quere propoñer, se aínda non o fixestes, que lle envíedes ao seu correo electrónico candeaninalibroteca@gmail.com  (o correo electrónico da biblio) unha fotografía familiar onde aparezades vós (ou algo que vos identifique!) nun lugar onde se vexa algún elemento relacionado coas emocións; a alimentación saúdable; o exercicio físico; a lectura, a relaxación... O que vos podemos recomendar é que nalgún momento familiar no que esteades desfrutando o tratedes de plasmar de algún xeito e llelo fagades chegar ao seu correo electrónico...

Estes días, nas vosas casas, seguro que xurde algún momento especial para fotografar e enviarllo a Candeanina!

Prazo ata o 13 de abril do 2020.






Cuadro de Walther Firle (Século XIX)

xoves, 26 de marzo de 2020

Candeanina visita a páxima de Mindheart: o Covibook e a Educación Emocional!




Hoxe queremos recomendarvos a páxina de Mindheart e algúns recursos que podemos encontrar nela!

Manuela Molina é a creadora da páxina e deste conto para crianzas de entre dous e sete anos para entender o Coronavirus -colocamos o link que ten creado o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina onde podedes encontrar este conto e outros:



Nesta sección da páxina web de mindheart podedes descargar o libro en formato PDF.

Deixamos aquí tamén os links directos para transferir o covibook en...




Finalmente aínda estamos a tempo de recomendarvos, para que, como sempre, acompañados ou acompañadas pola vosa familia, vaiades a outra sección da páxina de mindhearts: a de descargables! Onde podedes encontrar, entre outros recursos: un botiquín emocional e exercicios de autoestima infantil!




mércores, 19 de febreiro de 2020

Alborada: ledicia e alegría.

Continuamos coa nosa celebración de Rosalía e a reflexión sobre as emocións neste mes de febreiro... Os nosos murais seguen a crecer...















martes, 11 de febreiro de 2020

1ª semana do mes de Rosalía: Cando penso que te fuches...


Deixamos unha mostra de cómo van crecendo os murais que estamos construíndo no cole co gaio do mes de Rosalía. A semana pasada traballamos co poema "Cando penso que te fuches"... A vindeira semana máis poemas, máis cancións e máis emocións...