jueves, 21 de marzo de 2019

Poéticas diversas

 Todo comezou cunha sorpresa na biblioteca...




Descubrimos unha nova poesía de orixe xaponés e comezamos a crear os nosos versos...

 


Aprendimos que na rede podemos e debemos atopar imaxes libres de dereitos de autor.


Imaxe: Naica Moreiras

Tamén utilizamos as nosas propias imaxes ...

 
Imaxe: Xiana Lorenzo


E agasallamos os nosos Haikus o Día de Rosalía

Hoxe presentámosvos o noso traballo.






Feliz Día da Poesía!


lunes, 18 de marzo de 2019

Iago López e o Cociñeiro Martiño

Iago López volveu a nosa  biblioteca, desta vez para presentarnos "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" e, coma sempre que nos vén visitar, pasámolo xenial!







Moitísimas grazas Iago
 por unha xornada tan estupenda!




Encontro con Iago López by Slidely Slideshow



 

jueves, 28 de febrero de 2019

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar o Día de Rosalía enchemos o cole coa súa poesía.





Os máis pequenos e pequenos achegáronse á figura de Rosalía a través das cancións de  Uxia e os debuxos dos Bolechas.





En 1º e 2º de primaria


escribiron versos de


Rosalía de Castro en  bocadillos.







As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria encheron  corazóns cos seu  versos.






O alumnado de 5 de primaria escribiu a súa biografía inspirándose en diferentes ilustracións.





Por último, o alumnado de 6º de primaria, agasallou ás aulas os seus haikus escritos nunhas rosas.










   
Buscaime rapazas,
velliñas, mociñas,
buscaime antre os robres,
buscaime antre os millos

martes, 26 de febrero de 2019

Infortunios Cotidianos

Coral Martínez ilustradora e entintadora, entre outros traballou para DC comics ou a revista europea Donald Dock de Disney, estivo na nosa biblioteca para falarnos do seu primeiro libro ilustrado Infortunios Cotidianos.


Aproveitando a ocasión, este mes sacamos dos andeis algúns dos libros de banda deseña que temos na biblioteca



 tamén engadimos novidades



E as máis pequenas e pequenos do cole tiveron a oportunidade de descubrir as viñetas e os bocadillos.




Foi xenial ver a Coral debuxar, poder crear personaxes con ela e que nos respondera a todas a preguntas que lle formulamos.




Moitas grazas Coral por esta xornada tan estupenda!







lunes, 18 de febrero de 2019

Un dragón en el jardín

Un dragón en el jardín foi o conto que hai uns días nos contou Paula, a mamá de Sofía, na biblioteca.


O dragón comía os libros da biblioteca, pero por sorte,  estaba alí a maruxiña Antoñita para por fin a situación e amosarlle que os libros sentan mellor se os lee!
 

 Moitas grazas Paula
 por amosarnos este conto tan chulo!

 

martes, 5 de febrero de 2019

Xóvenes para xóvenes

Coincidindo coa celebración do Día da Paz, no mes de xaneiro a A Fundación Helsinki, que traballa desde 1992 polo respecto e a defensa dos Dereitos Humanos, en colaboración coa Universidade de Vigo, desenvolveu un programa de formación "Xóvenes para Xóvenes" na nosa escola.





Os temas que trataron, escollidos polas titoras de cada curso, concretáronse nos seguintes:

  • Que son os Dereitos Humanos.
  • Integración. Non discriminación por raza, o país de orixe. Igualdade na diversidade.
  • Resolución pacífica de conflitos: empatía.
  • Obxectivos de desenvolvemento sostible a través da arte.
 En 1º e 2º de primaria impartiron o obradoiro Aida, diplomada graduada en educación primaria e Emilio, musicólogo.




As encargadas de impartir o obradoiro en 3º, 4º e 5º de primaria foron Teresa e Yara, graduada en Filoloxía Galega e estudantes do Master de profesorado.



Cristina, estudante de Química e Belén, graduada en Relacións Internacionais levaron a cabo as sesións co alumnado de 6º de Primaria






Xovenes para Xónvenes- by Slidely Slideshow


Moitas grazas xóvenes pola vosa colaboracíón 
e parabéns polo traballo

jueves, 24 de enero de 2019

Latexos

Onte visitamos a exposición "Latexos na Colección de Arte Afundación" na Sede Afundación Vigo .


No percorrido descubrimos arte galega de diferentes épocas e estilos.





Latexos femininos

Maruja Mallo


Berta Cáccamo



Latexo estilístico 

Nano 4814



E moito mais, ata rematar co obradoiro
 "Operación tormenta de pintura".





Visita expo Latexos by Slidely Slideshow