Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2020. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de maio de 2020

Carvalho Calero e os Bolechas

Como ben recordaredes todos e todas: o día das letras galegas deste 2020 está adicado a Carvalho Calero... Estamos en maio e estamos no ano Carvalho Calero...  Hoxe queremos seguir celebrando a súa figura co novo libro dos Bolechas...














venres, 15 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero - Unidades para o ensino - Letras Galegas 2020

Hoxe queremos dar a coñecer dende o blog os materiais para o ensino que ven de publicar na súa web a AGAL: carvalho2020.gal 

Como se nos di na propia presentación da unidade didáctica esta  "pretende aproximar a figura de Carvalho Calero ás alumnas e aos alumnos do ensino infantil e primario para coñecer aspectos da súa vida e da súa proposta ortográfica".






A pequena gran novidade é que a AGAL ven de publicar esa mesma únidade didáctica usando o idioma galego co sistema ortográfico do portugués. Como xa temos visto neste blog: o galego e o portugués son mesmo próximos. E de feito: Carvalho Calero é unha das figuras históricas que defendeu a idea de que o galego e o portugués son variantes dunha mesma lingua.


Se queredes acceder as actividades da unidade didáctica de Carvalho Calero no galego/portugués: premede aquí ou sobre a seguinte imaxe