Amosando publicacións coa etiqueta Mes das letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes das letras. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de xuño de 2018

Encontro con María Canosa

Rematamos o Mes das Letras coa visita de María Canosa á nosa biblioteca. 



Falounos da importancia dos lectores porque sen nós, dixo, os seus libros non terían sentido, dos premios Xerais, do respecto á diversidade e  como non, dos protagonistas dos seus libros: nenos e nenas (dos que non sabemos a idade) con curiosidade, iniciativa, honrados e xenerosas que ao seu carón teñen un animal que lles fai compañía.


Respondeu ás preguntas e á curiosidade que tiñamos e con ela pasamos unha mañá estupenda.





Encontro con María Canosa by Slidely Slideshow


Por todo isto, e máis...moitas grazas María pola túa visita!

xoves, 31 de maio de 2018

Contacontos co IES Carlos Casares

Como xa vén sendo costume, na biblioteca  celebramos as Letras Galegas co alumnado da ESO do IES Carlos Casares. Estes formidables contacontos achegáronnos a obra de María Victoria Moreno da mellor forma posible: con música, teatro, xogos, creatividade e ilusión. Este ano
 ademais, cunha produción propia A fada e o dragón.

O alumnado de infantil puido gozar coa representación de Un cachiño de bica, Mar adiante, O Cataventos e Xa non teño medo. Tamén representaron O pergamiño Vindel de produción propia.







Despois de contarnos Leonardo e os fontaneiros ofrecéronnos xogar con eles a catro xogos creados a partir do libro: A catro patas coma Lenardo, A cidade de Antón e Leonardo, Tres bos e tres malos.



Moitos parabéns as rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares e as profesoras Bea e Almudena que fixeron posible este gran traballo!



Letras Galegas 2018 by Slidely Slideshow