Amosando publicacións coa etiqueta Día Europeo de Concienciación ante Paro Cardíaco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Europeo de Concienciación ante Paro Cardíaco. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de outubro de 2016

AS NENAS E NENOS SALVAN VIDAS


Con motivo do Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco, o pasado xoves 20, estiveron na nosa escola enfermeiras e enfermeiros do Colexio de Enfermería de Pontevedra realizando un obradoiro que consistiu nunha charla e demostracións prácticas para amosar ao alumnado nocións básicas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e Soporte Vital Básico (SVB).




Este ano o Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco, promovido desde o European Resuscitation Council (ERC) e que se celebra cada 16 de outubro, ten como lema Os nenos salvan vidas e pretende amosar a importancia de fomentar a formación en RCP desde a infancia. Calcúlase que cada ano prodúcense en España máis de 25.000 casos de parada cardiorrespiratória no ámbito extra-hospitalario cifras que se poderían reducir de forma considerable coa formación adecuada por parte da poboación.


Máis información sobre o Día Europeo de Concienciación ante el Paro Cardíaco en http://www.cercp.org/

Moitas grazas a Nuria Vilaboa, mamá de Lía e Naia, e ao seu compañero e compañeiras Teresa Zabaleta, Borja Gómez e Aránzazu Otero por esta xornada tan interesante.


Nélida Casal de Slidely by Slidely Slideshow