Amosando publicacións coa etiqueta contos intereractivos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos intereractivos. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe pola tarde: lecturas con autoras de libros para compartir en familia.

Candeanina continúa a quedar na súa casa e hoxe pola tarde pensa disfrutar dos libros, das súas lecturas e de escoitar as súas autoras!

En primeiro lugar, hoxe, 27 de marzo, as 18:00 horas, dentro da iniciativa de Santillana "Loqueleo", a lectura de Ana Merino do seu libro "Salvemos al elefante" (Recomendado para nenos e nenas maiores de 8 anos) . Facer click aquí ou premer sobre as dúas imaxes para máis información sobre esta e outras lecturas desta editorial:









E un pouco máis tarde, as 18:30, organizado pola editorial SM, dentro da iniciativa "Tardes de Cuento #Autoresquecuentan", hoxe, 27 de marzo, a escritora Patricia García-Rojo, autora da serie de libros "La pandilla de la lupa" terá un encontro no Instagram de SM. (Recomendando para nenos entre 8 e 12 anos de idade)

Toda a información sobre esta iniciativa e calendario de lecturas: premendo aquí! (Máis información premendo sobre a imaxe tamén)





Aproveitamos para recordar a todas as familias que está e outras noticias con especial interese do ponto de vista de pais, nais, familiares, serán rechouchiadas no noso Twitter: podedes acceder ao noso perfil e ver os links teñades ou non conta no propio Twitter. Facer click aquí ou na imaxe para acceder a información!


















xoves, 26 de marzo de 2020

Candeanina visita a páxima de Mindheart: o Covibook e a Educación Emocional!




Hoxe queremos recomendarvos a páxina de Mindheart e algúns recursos que podemos encontrar nela!

Manuela Molina é a creadora da páxina e deste conto para crianzas de entre dous e sete anos para entender o Coronavirus -colocamos o link que ten creado o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina onde podedes encontrar este conto e outros:



Nesta sección da páxina web de mindheart podedes descargar o libro en formato PDF.

Deixamos aquí tamén os links directos para transferir o covibook en...




Finalmente aínda estamos a tempo de recomendarvos, para que, como sempre, acompañados ou acompañadas pola vosa familia, vaiades a outra sección da páxina de mindhearts: a de descargables! Onde podedes encontrar, entre outros recursos: un botiquín emocional e exercicios de autoestima infantil!




martes, 24 de marzo de 2020

Candeanina únese a Rosa contra o Virus: conto para explicar as crianzas o Coronavirus e outros posibeis virus.



Se queredes ler o conto completo podedes acceder desde este enlace premendo aquí!

Aquí podedes consultar a páxina web dos creadores do conto así como un link de descarga do conto en pdf.

Asemade, tamén queremos recordarvos as familias (nais, pais, familiares,...) que a biblioteca do cole tamén está na rede social Twitter. Estes días, alén de subir as actualizacións deste blog tamén estamos rechouchiando links de interese do ponto de vista das familias... 



Podes acceder ao noso perfil de Twitter e aos seus links teñas ou non conta nesa rede clickando sobre a imaxe ou aquí!

domingo, 9 de novembro de 2014

O mundo ao revés

Nos contos de "El mundo al revés" tedes a oportunidade de interaccionar co propio conto para así poder continuar a narración. Con estas versións de contos populares podes pasar un bo rato e divertirte. 

Deixámoste con "La bella dormilona" para que fagas a proba picando na imaxe. 




O resto dos contos: "Blancanieves en multicolor, Caperucita sin capucha, Garbancito, el grande, La bella dormilona, La comilona de Hansel y Gretel,  1, 2, 3..¡Cerditos!, Pedro el miedoso" os temos na marxe esquerda do blogue para que entres cando ti queiras...e non te esquezas de encender os altofalantes!!