Amosando publicacións coa etiqueta Feirón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feirón. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de abril de 2016

Abril: mes do libro


Xa estamos cos preparativos e ensaios da nosa semana grande.



Se picades nas imaxes poderedes ver unha mostra de como foi cada un dos días.

O luns teremos a visita de Miguel Ángel Alonso Díz e "O Valente coello que quixo soñar"





O martes e mércores o alumnado de terceiro levará a cabo unha actividade de contacontos "Conta con 3º EP" para as nenas e  nenos de Educación Infantil.



http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2016/04/conta-con-3.html 

 O xoves contaremos co tradicional apadrinamento lector.

http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es/2016/04/apadrinamento-lector.html 



O venres Isidro Alonso Marcial veciño do casco vello de Vigo e coñecedor da cultura marítima, virá a contarnos como foi a súa vida no mar. Ademais faremos con él un pequeno obradoiro.

vir





E o gran acto de clausura con algunha que outra sorpresa que non imos desvelar,





Tamén inauguramos o feirón "Lonxa literaria" ao que estades convidadas as familias.





martes, 21 de abril de 2015

O libro o meu amigo

O libro o meu amigo é o lema elexido este ano polo noso cole para conmemorar O Día Internacional  do Libro.

Neste mes celebramos e estamos a celebrar diferentes actividades:
  •  Apadrinamento lector. 
  •  
  • Elaboración do conto viaxeiro realizado por todo o alumnado do centro.
  •  
  •  Lectura do libro viaxeiro no Kamishibai polo alumnado de 5º  ao resto dos compañeiros e compañeiras do centro. 


  • Temos a visita do alumnado do IES que farán de "contacontos" a Infantil e 1º ciclo.

  • Feirón do libro usado coas achegas de familias e profesorado ao que estades invitadas as familias. 
  
  • Exposición "As mulleres matemáticas" e "A imaxe da muller na literatura occidental" elaborada polo alumnado do IES Carlos Casares. 



Teremos algunha sorpresiña máis, que non imos desvelar aquí polo de agora.


O que si podedes ver é esta fantástica  curta gañadora dun Oscar no ano 2012 titulada Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore






Much Better Now é a historia dun marcapáxinas que queda atrapado no medio dun vello libro esquecido nun cuarto baleiro.



Much Better Now from Salon Alpin on Vimeo.


Moitos parabéns as alumnas e alumnos de 5º, fixéstelo xenial!!


 Iria, Bruno e Carla

Isaac, Noelia e Andrea

 Lucas, Pablo e Yaiza


 Noa e Pablo

O venres 24 inauguramos o Feirón do libro usado e a partir do próximo martes xa poderedes coller o libro que máis vos guste.





"Las palabras. Las palabras esconden historias que nos emocionan y nos hacen soñar.
Las une caprichosamente la mano de un autor que decide que "érase una vez" va antes que "una princesa en un reino muy lejano", que pese a las adversidades tendrá un glorioso futuro"