Amosando publicacións coa etiqueta Candeanina fica en casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Candeanina fica en casa. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de maio de 2020

Candeanina vai ao teatro.

Non o perdades: podevos apuntarvos con Candeanina: hoxe vai ao teatro!

Na páxina web educativa da Afundación temos dispoñible en aberto a obra de teatro, para disfrutar en familia, de "Gaia" pola Compañía Entremans.



Aínda vos podemos deixar tamén o enlace con un manual para as familias e unha guía didáctica para arpender moito e desfrutar todavía máis da obra!




A maiores queremos tamén deixar por aquí un enlace para a Teatroteca, dependente do Ministerio de Cultura, onde, alén de moitas obras de distinto tipo, hai toda unha sección de obras para público infantil.



Por último, a editorial Oqueleo (de Santillana) nas actividades para as familias que nos propón no mes de abril ven de editar un caderno de actividades no que o tema principal é o teatro: estamos de sorte! 










martes, 14 de abril de 2020

Os heroes e as heroínas de Candeanina son...

Moi bos días a todos, a todas... Candeanina continúa na súa casa: convencida de que todo acabará por sair ben...  Hoxe quere traervos un libro que lle gustou moito.

Antes de pasar xa ao libro unha pequena nota que fan na introducción as persoas que fixeron este libro:

"Meu heroe eres ti debe ser lido por un pai, unha nai, un familiar ou unha persoa de referencia con un neno ou unha nena pequenas. Non é recomendábel que os nenos ou as nenas lean este libro de forma independente sen o apoio de algún familiar ou persoa de referencia".

Candeanina xa vos deixa o link do libro... Podedes premer aquí ou sobre a imaxe para acceder a el...

Pulsando sobre esta liña podedes acceder a páxina da organización que edita o libro!





Todavía non coñecemos unha edición en galego do libro: mais se alguen quere hai edición en portugués, que é ben parecido ao galego! Deixamos aquí o link do libro en portugués por se alguen se anima a lelo!

venres, 3 de abril de 2020

Candeanina recorda: podedes enviarlle unha foto desde as vosas casas!


O día de hoxe Candeanina quere voltar a recordar que, a pesar de ter que estar quedando na casa, este curso 2019/2020 no CEIP Igrexa Candeán todavía podemos andar á procura da felicidade e o noso PDI "Mens sana in corpore sano" pode axudarnos!



Un curso máis, por tanto, que vos quere propoñer, se aínda non o fixestes, que lle envíedes ao seu correo electrónico candeaninalibroteca@gmail.com  (o correo electrónico da biblio) unha fotografía familiar onde aparezades vós (ou algo que vos identifique!) nun lugar onde se vexa algún elemento relacionado coas emocións; a alimentación saúdable; o exercicio físico; a lectura, a relaxación... O que vos podemos recomendar é que nalgún momento familiar no que esteades desfrutando o tratedes de plasmar de algún xeito e llelo fagades chegar ao seu correo electrónico...

Estes días, nas vosas casas, seguro que xurde algún momento especial para fotografar e enviarllo a Candeanina!

Prazo ata o 13 de abril do 2020.






Cuadro de Walther Firle (Século XIX)

luns, 30 de marzo de 2020

Galiza le, Candeanina le.

Estamos de noraboa: a Xunta ven de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.


En concreto, GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais. Toda a información premendo sobre as imaxes.






Se queredes botar  unha ollada ao catálogo para acabar de decidirvos premede sobre a imaxe!





venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe pola tarde: lecturas con autoras de libros para compartir en familia.

Candeanina continúa a quedar na súa casa e hoxe pola tarde pensa disfrutar dos libros, das súas lecturas e de escoitar as súas autoras!

En primeiro lugar, hoxe, 27 de marzo, as 18:00 horas, dentro da iniciativa de Santillana "Loqueleo", a lectura de Ana Merino do seu libro "Salvemos al elefante" (Recomendado para nenos e nenas maiores de 8 anos) . Facer click aquí ou premer sobre as dúas imaxes para máis información sobre esta e outras lecturas desta editorial:









E un pouco máis tarde, as 18:30, organizado pola editorial SM, dentro da iniciativa "Tardes de Cuento #Autoresquecuentan", hoxe, 27 de marzo, a escritora Patricia García-Rojo, autora da serie de libros "La pandilla de la lupa" terá un encontro no Instagram de SM. (Recomendando para nenos entre 8 e 12 anos de idade)

Toda a información sobre esta iniciativa e calendario de lecturas: premendo aquí! (Máis información premendo sobre a imaxe tamén)





Aproveitamos para recordar a todas as familias que está e outras noticias con especial interese do ponto de vista de pais, nais, familiares, serán rechouchiadas no noso Twitter: podedes acceder ao noso perfil e ver os links teñades ou non conta no propio Twitter. Facer click aquí ou na imaxe para acceder a información!


















luns, 23 de marzo de 2020

mércores, 18 de marzo de 2020

Candeanina continúa a ficar en casa: Bea Campos en Kalandraka TV!

Bos días nenos e nenas. Como podedes imaxinar Candeanina continúa tamén na súa casa. Hoxe imos deixar un link dunha conta contos que xa coñecedes: Bea Campos! Estamos certos de que tanto o alumnado de Infantil como o de 1º e 2º de Primaria todavía recorda cando estivo no noso cole, na Libroteca Candeanina, facendo unha sesión de conta contos acompañada polos seus amigos de "Impórtanos". Deixamos aquí o link por si queredes recordalo! Que bos recordos!





Candeanina quere avisarvos de que podemos ver un conto contando por Bea Campos en Kalandra TV! Deixámosvos o link por se queredes escoitalo! E recordade: Candenina fica en casa; nós ficamos en casa! Mais podemos pasalo ben!




martes, 17 de marzo de 2020

Candeanina fica en casa!

Ola, bos días...

Como vos poderedes imaxinar Candeanina este días tamén ficará en casa... Mais a súa casa dixital, esta bitácora, continúa aberta en todas as nosas casas...
Pouco a pouco intentaremos ir subindo recursos de bibliotecas dixitais, vídeos, contos para facer máis agradábel, se poder, a nosa estancia en casa... Nós ficamos en casa: Candeanina fica en casa!

A primeira noticia que nos quere traer Candeanina é que a Unesco ven de ter o detalle de colgar o acceso libre á Biblioteca Dixital Mundial: vos deixamos o enlace por se vos apetece, sempre en familia, navegar con eles e con elas: botarlle unha ollada por todo o que nos oferta!

A desfrutar desde casa!