Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións lectoras b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións lectoras b>. Amosar todas as publicacións
luns, 13 de decembro de 2021
venres, 18 de decembro de 2020
martes, 23 de abril de 2019
Stop Motion e recomendacións lectoras
No mes do libro estreanos cabeceira para os vídeos das nosas recomendacións lectoras grazas ao traballo do alumnado de 5º e 6º de primaria axudantes de biblioteca.
Crearon unha animación coa aplicación Stop Motion co rato de biblioteca como protagonista.

Etiquetas:
Axudantes biblioteca,
Día do libro,
Recomendacións lectoras,
Stop Motion
mércores, 20 de xuño de 2018
Un universo de libros para o verán
Xa temos o tríptico coas recomendacións lectoras para o verán que sairá hoxe para as vosas casas.
Aquí deixámosvos a nosa pequena guía con contos, poesía, música e banda deseñada.
Aquí deixámosvos a nosa pequena guía con contos, poesía, música e banda deseñada.
Leer más publicaciones en Calaméo
Biblioteca Municipal Sandro Penna
Nos vos esquezades que podedes visitar as bibliotecas municipais que seguirán abertas no verán.
Biblioteca Municipal Sandro Penna
No verán, se non les, non pasa nada! das Bibliotecas escolares de Galicia podedes atopar máis recomendacións doutros coles.
Etiquetas:
Recomendacións lectoras,
Recomendacións verán,
triptico
luns, 21 de maio de 2018
Vadim el pirata
A semana pasada Jon e a súa mamá Mila contáronnos
un conto de Raquel Acosta ilustrado por Adrián Fuentes, onde o protagonista é un neno de 4 anos que non ten pelo e que ás veces ten que pasar longas tempadas no hospital.
Moitas grazas por contarnos este conto do neno pirata que con forza e imaxinación vai loitando contra a enfermidade coa súa espada e o seu sombreiro de pirata.
Grazas Mila ademais por recomendarnos estes libros que xa temos na biblioteca.
Etiquetas:
Biblioteca inclusiva,
Cancro infantil,
Contacontos familias,
Diversidade,
Recomendacións lectoras
mércores, 11 de abril de 2018
Como recomendar un libro
Un pequenos pasos que podedes seguir para realizar as vosas recomendacións lectoras en vídeo
xoves, 18 de maio de 2017
RECOMENDACIÓN LECTORA: ESMERALDINA E ESCARLATINA
Mañá visitará a nosa escola Ledicia Costas para falarnos de Esmeraldina a pequena defunta e de Escarlatina, a cociñiera defunta, dos libros fantásticos merecedores de numerosos recoñecementos e galardóns como o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil 2015 ou a inclusión na prestixiosa listaxe de Honra do IBBY en 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil.
Ledicia Costas e Víctor Rivas forman un tándem perfecto,
como Mencia e Mar, de 6º de primaria, que nos fan a súa recomendación lectora conxunta.
E na biblioteca xa temos case todo listo...
xoves, 11 de maio de 2017
RECOMENDACIÓN LECTORA: MARCOPOLA 4. AVOA POWER
Mañá teremos a visita no cole de Jacobo Fernández Serrano o autor de Marcopola e hoxe Carla de 3º de primaria recoméndanos o libro.
luns, 19 de decembro de 2016
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: ALIMÉNTATE DOS LIBROS
O equipo de biblioteca deséxavos unhas doces vacacións cheas de boas lecturas.
xoves, 16 de xuño de 2016
Nena e o mar
Bruno e Ánxo recoméndannos a lectura do libro Nena e o mar de Érica Esmorís, autora que estivo o pasado mes de maio na nosa biblioteca e da que temos moi bo recordo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













