Amosando publicacións coa etiqueta PDI Mans á obra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Mans á obra. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de maio de 2019

Visita do IES Carlos Casares

O alumnado de 1º da ESO do IES Carlos Casares estivo na nosa escola e con eles celebramos o bicentenario do Museo do Prado grazas as súas propostas de traballo.






En educación infantil poideron gozar dunha sesión de contacontos, en 1º e 2º xogaron coa poesía,







3º e 4º descubriron os segredos que agocha El jardin de las delicias de El Bosco


Tamén descubriron emocións co cadro do mesmo pintor Mesa dos pecados capitais, e 5º e 6º primaria coñeceron un pouco máis o Museo do Prado, a  Isabel de Braganza, e a Goya.





Moitos parabéns as rapazas e rapaces do IES Carlos Casares e as profesoras que fixeron posibles este magnífico  traballo!

martes, 26 de febreiro de 2019

Infortunios Cotidianos

Coral Martínez ilustradora e entintadora, entre outros traballou para DC comics ou a revista europea Donald Dock de Disney, estivo na nosa biblioteca para falarnos do seu primeiro libro ilustrado Infortunios Cotidianos.


Aproveitando a ocasión, este mes sacamos dos andeis algúns dos libros de banda deseña que temos na biblioteca



 tamén engadimos novidades



E as máis pequenas e pequenos do cole tiveron a oportunidade de descubrir as viñetas e os bocadillos.




Foi xenial ver a Coral debuxar, poder crear personaxes con ela e que nos respondera a todas a preguntas que lle formulamos.




Moitas grazas Coral por esta xornada tan estupenda!







xoves, 24 de xaneiro de 2019

Latexos

Onte visitamos a exposición "Latexos na Colección de Arte Afundación" na Sede Afundación Vigo .


No percorrido descubrimos arte galega de diferentes épocas e estilos.





Latexos femininos

Maruja Mallo


Berta Cáccamo



Latexo estilístico 

Nano 4814



E moito mais, ata rematar co obradoiro
 "Operación tormenta de pintura".





Visita expo Latexos by Slidely Slideshow

xoves, 10 de xaneiro de 2019

El trompetazo de Onci

Comezamos o ano presentándoos esta marabillosa obra de arte "El trompetazo de Onci".


Os seu autores son Breixo,  o seu papá Fran e a súa mamá Ana










Ademais realizaron este vídeo para que vexades o proceso de creación.

Música: Fantasía das palabras de Mani e Papi

Parabéns familia!

mércores, 19 de decembro de 2018

Exposición dedicada a Candeanina

Cando comezamos o PDI Mans á obra, queríamos que as familias estivésedes con nós desde o primeiro momento, porque como sabedes, nesta escola pintamos todas e todos. Por esa razón, propuxemos que en familia, nos achegárades a vosa visión de Candeanina.





E, como non podía ser doutro xeito, chegaron unha chea de obras de arte inspiradas en Candeanina.




Así que nos puxemos mans á obra e coa colaboración do alumnado axudante de biblioteca comezamos a organizar a exposición Candeanina, a nosa musa.

Precisabamos etiquetar os cadros, darlle título e nomear a técnica. Axudamos na tarefa ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria.




O alumnado de educación infantil encargouse de realizar o cartel para a expo.


Despois, dunha pequena investigación sobre a diferencia entre un museo e unha galería de arte; exposición permanente e temporal; cartelería e información que a acompaña... fixemos  

 o díptico




a invitación ás familias



e montamos a exposición


Botounos unha man Jose Luís, o conserxe
grazas!







Grazas tamén ás familias por colaborar con nós
 e ser parte deste proxecto!

E inauguramos cos máis pequenos e pequenas do cole...






martes, 13 de novembro de 2018

Art in the English Classroom: Picasso Witches

No mes de outubro o alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria coñecemos un pocuo da figura do grande Pablo Picasso, sobro todo das figuras cubistas.











Como se achegaba Halloween inspirámonos na súa arte e puxémonos a facer retrastos cubistas de "bruxas".



Aquí deixámos unha mostra das nosas creacións.







martes, 6 de novembro de 2018

Mans á obra

Despois do primer achegamento e cumprir con éxito as probas relacionadas coa Arte, e o momento de poñerse Mans á obra e investigar. A biblioteca propón diferentes investigacións que podedes adaptar a vosa aula, inquedanzas e motivacións.