Este curso na aula de inglés o Christmas Project xirou entorno ao tema do PDI. O alumado de educación infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria traballou o conto tradicional The Gingerbread man. Comezamos cun "storytelling", fixemos actividades de comprensión na pizarra interactiva, reconstruímos a historia con marionetas, aprendimos frases significativas, fixemos "Gingerbread man puppets", compuxemos unha versión curta da historia con viñetas, cantamos e bailamos cancións...E para rematar, os maiores de 3º e 4º representaron unha adaptación do conto para os compañeiros e compañeiras máis cativos. Aquí deixámosvos unha pequena mostra do seu traballo.
Se queredes coñecer este conto clásico
Tamén podedes volver a cantar as cancións...
E por último, o vídeo da representación.