Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes biblioteca. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de abril de 2019

Stop Motion e recomendacións lectoras

No mes do libro estreanos cabeceira para os vídeos das nosas recomendacións lectoras grazas ao traballo do alumnado de 5º e 6º de primaria axudantes de biblioteca.


Crearon unha animación coa aplicación Stop Motion  co rato de biblioteca como protagonista.  









Aquí podedes ver o resultado coa recomendación que fixo Carla de 5º de primaria do libro Pintoras de Ángeles Caso.



 

mércores, 19 de decembro de 2018

Exposición dedicada a Candeanina

Cando comezamos o PDI Mans á obra, queríamos que as familias estivésedes con nós desde o primeiro momento, porque como sabedes, nesta escola pintamos todas e todos. Por esa razón, propuxemos que en familia, nos achegárades a vosa visión de Candeanina.





E, como non podía ser doutro xeito, chegaron unha chea de obras de arte inspiradas en Candeanina.




Así que nos puxemos mans á obra e coa colaboración do alumnado axudante de biblioteca comezamos a organizar a exposición Candeanina, a nosa musa.

Precisabamos etiquetar os cadros, darlle título e nomear a técnica. Axudamos na tarefa ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de primaria.




O alumnado de educación infantil encargouse de realizar o cartel para a expo.


Despois, dunha pequena investigación sobre a diferencia entre un museo e unha galería de arte; exposición permanente e temporal; cartelería e información que a acompaña... fixemos  

 o díptico




a invitación ás familias



e montamos a exposición


Botounos unha man Jose Luís, o conserxe
grazas!







Grazas tamén ás familias por colaborar con nós
 e ser parte deste proxecto!

E inauguramos cos máis pequenos e pequenas do cole...






mércores, 3 de maio de 2017

DEVORA LIBROS

No meses de maio e xuño, os martes e xoves, as novidades saen ao patio para que as devoredes e gocedes con elas os días de bo tempo.


Candeanina enviounos unha carta, que os axudantes de biblioteca achegaron ás aulas, coa noticia e algúns consellos para que coidemos ben os libros.


Ademais, teremos a visita de Ledicia Costas, Jacobo Fernández e Iago López.


 

domingo, 5 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres os axudantes de biblioteca agasallaron ás aulas con libros. 



Fixeron un fermosísimo traballo coa colaboración da profe Vicky, con quen decoraron estas bolsas tan chulas.


Desexamos que vos gusten e que gocedes coa lectura!






xoves, 2 de marzo de 2017

MAÍS COR PARA A BIBLIOTECA

Temos máis novidades!!




E como podedes ver, desta vez non son libros...


martes, 14 de febreiro de 2017

NOVAS LECTURAS PARA A BIBLIOTECA

O alumnado de 6º, axudantes de biblioteca, a semana pasada levaron ás aulas as últimas novidades.






Esta semana continúan polas aulas, para que na hora de lectura sigades alimentándovos dos libros.





xoves, 2 de febreiro de 2017

COCIÑANDO CONTOS PARA A PAZ


Nas actividades para o Día da Paz os axudantes de biblioteca foron uns contacontos excepcionais. 



Iria e Mar elixiron Cuando tengo miedo e Cuando soy amable. 





Mencía e Andrés decantáronse por Está bien ser diferente e 
¿Somos amigos? 






E Sergio, Juan e Elías escolleron Sin agua y sin pan e La gran fábrica de las palabras.







GRAZAS AXUDANTES

FIXESTES UN TRABALLO ESTUPENDO!!









venres, 10 de xuño de 2016

UN CAIXÓN PARA A BIBLIOTECA

Xa temos na biblioteca o caixón para os libros dos primeiros lectores.





 Moitas grazas a profe Chus e as axudantes de biblioteca por colaborar con nós!!


domingo, 3 de abril de 2016

MÁIS NOVIDADES!!


Esta semana máis novidades.O alumnado axudante da biblioteca pasará polas aulas para que poidades ver, tocar, ler, ulir... as últimas novidades.