Amosando publicacións coa etiqueta 20.000 Leguas de Viaxe Submarina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 20.000 Leguas de Viaxe Submarina. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de maio de 2016

RUMBO A TERRANOVA

O día 19 de setembro na saída ao Museo do Mar de Galicia atopamos unha botella cunha mensaxe misteriosa. A partir dese día iniciamos o Proxecto Ardora, onde ao longo destes oito meses realizamos diferentes actividades e tarefas relacionadas especialmente con Vigo e o mar aínda que tamén tiveron cabida moitas outras dependendo dos intereses e motivacións de cada grupo.

O pasado xoves, cumplidos os oito meses, o alumnado de 1º e 2º de primaria redactou unha "mensaxe" á que  se adheriron  o resto de alumnado do cole. Como curiosidade contamos que Xulio Verne estivo en Vigo e que a nosa cidade sae mencionada na obra Vinte mil leguas de viaxe submarina. Tamén lle pedimos á persoa que atope a botella a leve a escola máis próxima para que as  nenas e nenos que a lean nos respondan e nos conten cousas sobre a súa escola e o lugar onde viven. 



Grazas a teacher Sara tamén a poidemos enviar en inglés porque quen sabe, ao mellor pode chegar moi lonxe...





Esta carta vai nunha botella destino a Terranova no Buque oceanográfico Vizconde de Eza  grazas a Eduardo López, biólogo do Centro Oceanografico de Vigo Estamos moi agradecidas e agradecidos con el pola súa amabilidade e por facer posible que esta actividade se poda levar a cabo. 



O luns 23 saíron rumbo ao Gran Banco e pronto teremos noticias da nosa botella grazas á tripulación do Vizconde de Eza.

Mentras seguimos o desenvolvemento da campaña Platuxa 2016 no seguinte blog:

http://platuxa.blogspot.com.es/


Desexámoslle desde aquí unha moi boa campaña!!





domingo, 25 de outubro de 2015

Sabías que? A BATALLA DE RANDE

Sabías que o día 23 de outubro cando estabamos á busca do tesouro no colexio, se cumplían 313 da Batalla de Rande?


Grabado 1702 da batalla


A batalla librouse durante a Guerra de Sucesión Española entre as coalicións anglo-holandesa e franco-española. Galeóns españois escoltados por navíos franceses transportaban uns dos maiores tesouros procedentes de América.


                      Rande, 1702 from Museo do Mar on Vimeo.



O cruento e desigual combate remata coa morte de máis de 2000 homes do bando franco-español e de 500 da parte dos ingleses e holandeses, ademais de numerosos feridos e prisioneiros. As crónicas da época narran que o lume da batalla víase nas poboacións da contorna.  




 
                                                      obra do pintor holandés  Ludolf Backhuysen

No capítulo VIII da segunda parte do libro "20.000 Leguas de Viaxe Submarina"  de Xulio Verne, o capitán Nemo entra na Ría de Vigo a bordo do Nautilus para aprovisionarse co ouro dos galeóns afundidos  na batalla de Rande.




Fóra da ficción ao longo de século XX non foron poucos os que viñeron á nosa cidade co fin de atopar o codiciado tesouro.

Para rematar, sabías que no centro da cidade de Londres hai unha rúa que se chama Vigo Street? Adiviña por que. 



                                          Vigo Street imagen de Ivan PC en Flickr.com


Fontes: http://www.venasansimon.com/batalla.php
             http://www.vilaboa.org/batallarande_cast.html   
   http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/10/25/ano-313-tras-batalla/0003_201510V25C6992.htm