Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas!




Día das Bibliotecas - 24 de outubro





 O luns 25 de outubro celebramos o día da Bibioteca no noso cole!


Todas as clases fixeron un percorrido polas distintas estacións que tiñamos preparadas por todos os espazos do colexio! (Premer aquí ou sobre a imaxe para ver as fichas que cada clase cubriu!)










Podes premer aquí para ver os distintos cartazes de cada estación!




Deixamos varias imaxes de como estaban preparados os distintos recunchos polos que había que pasar:




















Na biblioteca xuntamos todas as obras de arte que o noso alumnado e as súas familias fixeron con materiais de reciclaxe en casa e trouxeron para que a biblioteca estivera moi bonita no día da biblio:
























Para terminar deixamos o filme que todas as clases viron na estación da biblioteca:

































xoves, 29 de outubro de 2020

Resumo do noso Día da Biblioteca!

  En todas as aulas se fixo a exposición do noso PDI











Tamén voltamos a explicar o protocolo de uso dos libros nas aulas, desta vez usando tamén pictogramas....












Da Biblioteca Candeanina saíron todas as caixas viaxeiras para todas as aulas:












Todo o alumnado fixo a súa credencial lectora! 
Co pasaporte lector que construímos: lendo imos a facer camiño!















As alumnas e os alumnos puideron escoller entre unha morea de libros para levar para ler en casa!













Quedaron montadas as Bibliotecas de Aula: con máis libros e con carteis explicando o protocolo de uso!










martes, 29 de outubro de 2019

Día das Bibliotecas Escolares: Xincana das emocións!



O venres 25 de outubro inauguramos a apertura do curso na nosa biblio. Todo o cole participou nunha xincana emocional: libros, debuxos, roles, formas diversas para acabar confirmando que, sen dúbida: "Mens sana in corpore sano!"

















martes, 30 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado mércores 24 de outubro foi o Día da Biblioteca, e como vén sendo habitual nos últimos anos, celebrámolo en común.





En equipos, formados por nenas e nenos de diferentes idades e cursos, fomos superando diferentes probas relacionadas co mundo da arte


Escultura




Arquitectura


Pintura





Museos



  

Que precisaban busca de información e traballo en equipo... 


 


Rematamos na biblioteca onde, da man do equipo axudante, o alumnado novo recibiu os carnés de biblioteca e os demais as mochilas viaxeiras 


 

Celebración Día da Biblioteca by Slidely Slideshow