Amosando publicacións coa etiqueta Xulio Verne. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xulio Verne. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de maio de 2016

RUMBO A TERRANOVA

O día 19 de setembro na saída ao Museo do Mar de Galicia atopamos unha botella cunha mensaxe misteriosa. A partir dese día iniciamos o Proxecto Ardora, onde ao longo destes oito meses realizamos diferentes actividades e tarefas relacionadas especialmente con Vigo e o mar aínda que tamén tiveron cabida moitas outras dependendo dos intereses e motivacións de cada grupo.

O pasado xoves, cumplidos os oito meses, o alumnado de 1º e 2º de primaria redactou unha "mensaxe" á que  se adheriron  o resto de alumnado do cole. Como curiosidade contamos que Xulio Verne estivo en Vigo e que a nosa cidade sae mencionada na obra Vinte mil leguas de viaxe submarina. Tamén lle pedimos á persoa que atope a botella a leve a escola máis próxima para que as  nenas e nenos que a lean nos respondan e nos conten cousas sobre a súa escola e o lugar onde viven. 



Grazas a teacher Sara tamén a poidemos enviar en inglés porque quen sabe, ao mellor pode chegar moi lonxe...





Esta carta vai nunha botella destino a Terranova no Buque oceanográfico Vizconde de Eza  grazas a Eduardo López, biólogo do Centro Oceanografico de Vigo Estamos moi agradecidas e agradecidos con el pola súa amabilidade e por facer posible que esta actividade se poda levar a cabo. 



O luns 23 saíron rumbo ao Gran Banco e pronto teremos noticias da nosa botella grazas á tripulación do Vizconde de Eza.

Mentras seguimos o desenvolvemento da campaña Platuxa 2016 no seguinte blog:

http://platuxa.blogspot.com.es/


Desexámoslle desde aquí unha moi boa campaña!!





domingo, 6 de marzo de 2016

A volta ao mundo de Nellie Bly

Elizabeth Jane Cochran, xornalista que asinaba os seus artigos como Nellie Bly, foi a primeira persoa en facer realidade a aventura de Phileas Fogg, o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días"

Nellie Bly (1864-1922)

O 14 de novembro de 1889 partiu do peirao de Hoboken, en Estados Unidos, camiño a Europa. Tiña 25 anos cando iniciou a súa aventura soa, seguindo a ruta do protagonista da novela de Xulio Verne. 


Durante a travesía, recibiu unha carta de Xulio Verne e da súa muller, invitándoa a que os visitara. Nellie non o dubidou, e ao día seguinte de ler a petición da parella pasaba a tarde conversando con eles na casa que tiñan en Amiens, Francia.


Nellie Bly no so fixo realidade o record do personaxe literario, senón que foi máis rápida: conseguiu finalizar o traxecto en 72 días, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos.


Recolleu o seu periplo nun libro, no que narra a súa aventura, titulado "Volta ao mundo en 72 días".




Outra muller, Elizabeth Bisland, facía o mesmo recorrido pero en sentido inverso. Ela necesitou catro días máis para finalizar o traxecto.

Para saber máis:



venres, 12 de febreiro de 2016

A volta ao mundo de Phileas Fogg

Estamos na conta atrás para que, como Fogg ou Nellie Bly, finalicedes a vosa Volta á Vigo e comarca e teñamos xa as vosas fotografías.

Pero quen é Phileas Fogg? 

Para quen non o saiba, Fhileas Fogg é o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días". Fogg é un home enigmático ao que lle gusta asistir puntualmente ao distinguido Reform Club. Un día, decide apostar a metade da súa fortuna de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Pouco tempo antes da súa partida, en Londres, ocorre un roubo nun banco. O detective Fix sospeita de Phileas Fogg pola súa repentina saída de Inglaterra e pola cantidade de diñeiro que leva enriba. Nas súa aventura o acompaña Jean Passepartout.


Ilustración de Alphonse Marie de Neuville


Como curiosidade

O libro é tan popular que se fixeron numerosas adaptacións ao cine, ao  teatro e á animación.

No ano 1956 a adaptación ao cine recibiu cinco premios Óscar e dous Globos de Oro.



Nos anos oitenta en España estrenouse unha serie de debuxos animados baseada no libro que tivo moito éxito.



Tamén en conto animado.





Incluso as 3 Mellizas quixeron dar A volta ao mundo en oitenta días!




mércores, 4 de novembro de 2015

Sabías que? Xulio Verne precursor da ciencia ficción


Hoxe mércores 4 de novembro celébrase en Galicia o Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o uso da lingua galega na investigación, na divulgación e nas aulas.



A propósito deste tema, sabías que Xulio Verne é considereado o pai da ciencia ficción? Foi un estudioso da ciencia e a tecnoloxía que pasaba moitas horas na biblioteca e estaba ao tanto dos avances científicos.

Durante o mes de novembro, o Mes da Ciencia,  vanse desenvolver diferentes actividades na nosa cidade. Na rúa do Príncipe o Instituto de Investigaciones Marinas realizará Obradoiros de Ciencia Marina e na Biblioteca Pública Central o xoves 26 e venres 27 de 18:00 a 19:00 horas terá lugar a actividade " Tarde de microbios na Biblioteca Pública de Vigo" para nenos e nenas a partir de 4 anos con entrada de balde. Ademais durante este mes teredes conferencias e exposicións.



 


Un pouco máis lonxe, en Madrid e ata o mes de febreiro o  Espacio Fundación Telefónica de  ofrece a mostra Julio Verne. Los límites de la imaginación. Se picas na imaxe atoparás maís infomación sobre o autor e a exposición.

http://espacio.fundaciontelefonica.com/julio-verne-los-limites-de-la-imaginacion/



domingo, 25 de outubro de 2015

Sabías que? A BATALLA DE RANDE

Sabías que o día 23 de outubro cando estabamos á busca do tesouro no colexio, se cumplían 313 da Batalla de Rande?


Grabado 1702 da batalla


A batalla librouse durante a Guerra de Sucesión Española entre as coalicións anglo-holandesa e franco-española. Galeóns españois escoltados por navíos franceses transportaban uns dos maiores tesouros procedentes de América.


                      Rande, 1702 from Museo do Mar on Vimeo.



O cruento e desigual combate remata coa morte de máis de 2000 homes do bando franco-español e de 500 da parte dos ingleses e holandeses, ademais de numerosos feridos e prisioneiros. As crónicas da época narran que o lume da batalla víase nas poboacións da contorna.  




 
                                                      obra do pintor holandés  Ludolf Backhuysen

No capítulo VIII da segunda parte do libro "20.000 Leguas de Viaxe Submarina"  de Xulio Verne, o capitán Nemo entra na Ría de Vigo a bordo do Nautilus para aprovisionarse co ouro dos galeóns afundidos  na batalla de Rande.




Fóra da ficción ao longo de século XX non foron poucos os que viñeron á nosa cidade co fin de atopar o codiciado tesouro.

Para rematar, sabías que no centro da cidade de Londres hai unha rúa que se chama Vigo Street? Adiviña por que. 



                                          Vigo Street imagen de Ivan PC en Flickr.com


Fontes: http://www.venasansimon.com/batalla.php
             http://www.vilaboa.org/batallarande_cast.html   
   http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/10/25/ano-313-tras-batalla/0003_201510V25C6992.htm