Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de decembro de 2018

Mes da Ciencia na Biblioteca

Rematamos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca con Experimentos. 
 





A nosa mentora, a profe Paz,  foi quen puxo en práctica os experimentos con todo o alumnado do cole:

  • Globo foguete
  • Arco da vella
  • Limón volcán
  • Papel marmoleado
  • Lámpara de lava 









Na seguinte presentación podedes ver o material que utilizamos o proceso e a base científica de cada un dos experimentos.







Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca by Slidely Slideshow

xoves, 9 de novembro de 2017

MIRANDO AO CEO NO MES DA CIENCIA

Hai uns días chegou do Centro de Formación e Recursos a mochila científica Mirando ao ceo coa que traballaremos neste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.



No primeiro andar temos os libros preparados...



Para a semana teremos a visita da FC3 e se o tempo acompaña, teremos algunha que outra sorpresiña

Mentras podedes ler o manifesto que escribiu a matemática Peregrina Quintela Estévez para a ocasión.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/mes%20da%20ciencia%20en%20galego%20nas%20bibliotecas.pdf

Se picades na imaxe, atoparedes máis actividades de divulgación científica que se levarán a cabo neste mes.

mércores, 4 de novembro de 2015

Sabías que? Xulio Verne precursor da ciencia ficción


Hoxe mércores 4 de novembro celébrase en Galicia o Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o uso da lingua galega na investigación, na divulgación e nas aulas.



A propósito deste tema, sabías que Xulio Verne é considereado o pai da ciencia ficción? Foi un estudioso da ciencia e a tecnoloxía que pasaba moitas horas na biblioteca e estaba ao tanto dos avances científicos.

Durante o mes de novembro, o Mes da Ciencia,  vanse desenvolver diferentes actividades na nosa cidade. Na rúa do Príncipe o Instituto de Investigaciones Marinas realizará Obradoiros de Ciencia Marina e na Biblioteca Pública Central o xoves 26 e venres 27 de 18:00 a 19:00 horas terá lugar a actividade " Tarde de microbios na Biblioteca Pública de Vigo" para nenos e nenas a partir de 4 anos con entrada de balde. Ademais durante este mes teredes conferencias e exposicións.



 


Un pouco máis lonxe, en Madrid e ata o mes de febreiro o  Espacio Fundación Telefónica de  ofrece a mostra Julio Verne. Los límites de la imaginación. Se picas na imaxe atoparás maís infomación sobre o autor e a exposición.

http://espacio.fundaciontelefonica.com/julio-verne-los-limites-de-la-imaginacion/