Xa estamos cos preparativos e ensaios da nosa semana grande.

Se picades nas imaxes poderedes ver unha mostra de como foi cada un dos días.
O luns teremos a visita de Miguel Ángel Alonso Díz e "O Valente coello que quixo soñar".
O martes e mércores o alumnado de terceiro levará a cabo unha actividade de contacontos "Conta con 3º EP" para as nenas e nenos de Educación Infantil.
O xoves contaremos co tradicional apadrinamento lector.
O venres Isidro Alonso Marcial veciño do casco vello de Vigo e coñecedor da cultura marítima, virá a contarnos como foi a súa vida no mar. Ademais faremos con él un pequeno obradoiro.
E o gran acto de clausura con algunha que outra sorpresa que non imos desvelar,
Tamén inauguramos o feirón "Lonxa literaria" ao que estades convidadas as familias.