Como vos poderedes imaxinar Candeanina este días tamén ficará en casa... Mais a súa casa dixital, esta bitácora, continúa aberta en todas as nosas casas...
Pouco a pouco intentaremos ir subindo recursos de bibliotecas dixitais, vídeos, contos para facer máis agradábel, se poder, a nosa estancia en casa... Nós ficamos en casa: Candeanina fica en casa!
A primeira noticia que nos quere traer Candeanina é que a Unesco ven de ter o detalle de colgar o acceso libre á Biblioteca Dixital Mundial: vos deixamos o enlace por se vos apetece, sempre en familia, navegar con eles e con elas: botarlle unha ollada por todo o que nos oferta!
A desfrutar desde casa!