Un curso máis, por tanto, que vos quere propoñer, se aínda non o fixestes, que lle envíedes ao seu correo electrónico candeaninalibroteca@gmail.com (o correo electrónico da biblio) unha fotografía familiar onde aparezades vós (ou algo que vos identifique!) nun lugar onde se vexa algún elemento relacionado coas emocións; a alimentación saúdable; o exercicio físico; a lectura, a relaxación... O que vos podemos recomendar é que nalgún momento familiar no que esteades desfrutando o tratedes de plasmar de algún xeito e llelo fagades chegar ao seu correo electrónico...
Estes días, nas vosas casas, seguro que xurde algún momento especial para fotografar e enviarllo a Candeanina!
Prazo ata o 13 de abril do 2020.
Cuadro de Walther Firle (Século XIX)