venres, 13 de decembro de 2019

"Pegadas de conto": conta contos da Campaña "Impórtanos" do Concello de Vigo na Candeanina Libroteca!

Hoxe visitou a nosa biblioteca o equipo de conta contos de Impórtanos... Bea Campos, con Manuel na sección músical, achegáronnos historias que foron unha oportunidade para falar das temáticas da Educación para a Cidadanía Global, a Igualdade de Xénero, a Solidariedade e o Desenvolvemento... 

Deixamosvos algunhas imaxes ademais das portadas dos contos cos que traballaron a sesión... Foi xenial!