venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe pola tarde: lecturas con autoras de libros para compartir en familia.

Candeanina continúa a quedar na súa casa e hoxe pola tarde pensa disfrutar dos libros, das súas lecturas e de escoitar as súas autoras!

En primeiro lugar, hoxe, 27 de marzo, as 18:00 horas, dentro da iniciativa de Santillana "Loqueleo", a lectura de Ana Merino do seu libro "Salvemos al elefante" (Recomendado para nenos e nenas maiores de 8 anos) . Facer click aquí ou premer sobre as dúas imaxes para máis información sobre esta e outras lecturas desta editorial:









E un pouco máis tarde, as 18:30, organizado pola editorial SM, dentro da iniciativa "Tardes de Cuento #Autoresquecuentan", hoxe, 27 de marzo, a escritora Patricia García-Rojo, autora da serie de libros "La pandilla de la lupa" terá un encontro no Instagram de SM. (Recomendando para nenos entre 8 e 12 anos de idade)

Toda a información sobre esta iniciativa e calendario de lecturas: premendo aquí! (Máis información premendo sobre a imaxe tamén)





Aproveitamos para recordar a todas as familias que está e outras noticias con especial interese do ponto de vista de pais, nais, familiares, serán rechouchiadas no noso Twitter: podedes acceder ao noso perfil e ver os links teñades ou non conta no propio Twitter. Facer click aquí ou na imaxe para acceder a información!